Celebramos o Día Internacional da Muller xunto a dous profesionais con enerxía
- Cada vez son máis as mulleres que elixen dedicarse ao mundo da industria por vocación e van gañando relevancia e protagonismo no sector enerxético.
A coordinadora de Transformación Industrial do Complexo recibiu aos estudantes nas instalacións coruñesas e tras ofrecerlles unha xornada divulgativa para coñecer o traballo de Repsol na Coruña, animou ás alumnas a non perder a oportunidade de penetrarse e formarse nas disciplinas científicas e STEM.
Na actualidade, e grazas á política de igualdade impulsada por Repsol, o Complexo Industrial da Coruña conta con máis de 140 empregadas no seu persoal e os postos con responsabilidade están ocupados en máis do 50% por mulleres, todas elas talentosas, inspiradoras e con enerxía.