Saltar al contenido

Convocatoria de axudas a proxectos sociais 2019

  • Tras a avaliación dos proxectos presentados á convocatoria de axudas de Fundación Repsol e a refinería da Coruña para proxectos sociais que se desenvolvan na contorna da Coruña, seleccionáronse:
Otras informaciones

Colectivos vulnerables

Obxectivo: que favorezan a promoción e desenvolvemento integral das persoas en situación de pobreza e vulnerabilidade, contribuíndo á igualdade de oportunidades e a inserción social; promoción do desenvolvemento social e educativo de nenos e mozos de familias en situación de pobreza; proxectos de apoio escolar para estes colectivos e de lecer infantil; así como de atención a necesidades básicas, ou promoción de hábitos saudables e mellora na calidade de vida.

  • Proxecto "Iniciándonos e Entendéndonos": ACLAD (Asociación Cidadá de Loita Contra a Droga da Coruña).
  • Proxecto "Acompáñote": Cáritas Interparroquial.
  • Proxecto "Hogar": Fundacion Hogar Santa Lucia.
  • Proxecto "Arte e emocións": Asociación Diversos
  • Proxecto "Viaxe cara á Vida": Terra de Homes.

Discapacidade e dependencia

Obxectivo: promover a calidade de vida das persoas con discapacidade, lecer inclusivo e desenvolvemento psicosocial deste colectivo.

  • Proxecto "Deporte sen barreiras": ASPACE Coruña.
  • Proxecto “Equinoterapia”: Asociación West Galicia.