Saltar al contenido
Medio Ambiente

Eficiencia Enerxética

Repsol participa na Xornada Día Mundial da Eficiencia Enerxética organizada pola Xunta de Galicia
Otras informaciones

A directora de Produción da refinería de Repsol na Coruña, Natalia Barreiro, participou este 4 de marzo na Xornada Día Mundial da Eficiencia Enerxética, organizada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia a través do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e que tivo lugar na Delegación territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra. 

Natalia Barreiro interveu nesta xornada cun relatorio sobre Os retos da transición enerxética no sector OIL & GAS coa que quixo achegar aos asistentes tanto os retos do sector a nivel mundial que se centra en “ser capaces de facilitar ao mundo a enerxía que necesita, a unha poboación cada vez maior e facelo de forma sustentable, co menor impacto posible no planeta”. Deste xeito, todas as enerxías serán claves para fornecer a demanda enerxética crecente no futuro e alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da ONU. Os ODS, que instan os países, organizacións, empresas e institucións a que aborden os desafíos ambientais, sociais e económicos, son unha oportunidade única para construír un mundo mellor. 

Así mesmo Barreiro destacou a importancia que o sector industrial desempeña en Europa para unha recuperación económica que debe estar baseada na competitividade, a innovación e a sustentabilidade. E en concreto o papel protagonista que o sector Oil & Gas debe xogar na loita contra o cambio climático e a transición enerxética. 

Repsol forma parte -xunto a outras nove empresas do sector de hidrocarburos- da Oil and Gas Climate Initiative (OGCI). Esta organización investirá 1.000 millóns de dólares en dez anos para impulsar proxectos tecnolóxicos que axuden a reducir emisións. Os seus obxectivos son acelerar o despregamento da tecnoloxía de captura, uso e almacenamento de carbono (CCUS), diminuír as emisións de metano do sector e seguir mellorando a eficiencia enerxética. 

En Repsol queremos ter un papel relevante na transición enerxética, impulsando a sustentabilidade e a eficiencia dos nosos procesos produtivos así como o desenvolvemento de novos negocios enerxéticos de baixas emisións de gases de efecto invernadoiro. 
Reducimos 4,3 millóns de t de CO2 desde 2006 e queremos conseguir unha redución de 5 millóns de toneladas de CO2 para 2020.

A nosa estratexia fronte ao cambio climático inclúe 4 alicerces: