Saltar al contenido

Convocatoria de axudas a proxectos sociais 2018

Otras informaciones

Tras a avaliación dos proxectos presentados á convocatoria de axudas de Fundación Repsol e a refinería da Coruña para proxectos sociais que se desenvolvan na contorna da Coruña, seleccionáronse:

Colectivos vulnerables

Obxectivo: que favorezan a promoción e desenvolvemento integral das persoas en situación de pobreza e vulnerabilidade, contribuíndo á igualdade de oportunidades e a inserción social; promoción do desenvolvemento social e educativo de nenos e mozos de familias en situación de pobreza; proxectos de apoio escolar para estes colectivos e de lecer infantil; así como de atención a necesidades básicas, ou promoción de hábitos saudables e mellora na calidade de vida.
  • Proxecto “Iniciándonos e Entendéndonos”. ACLAD (Asociación Ciudadana de Lucha Contra la Droga de A Coruña).
  • Proxecto “Paraugas”: AVAN (Asociación de Voluntarios de Ayuda a Necesitados).
  • Proxecto “Ti podes”: Betania Jesús de Nazareno.
  • Proxecto “Familia Educa”: Cáritas Interparroquial.
  • Proxecto “ Salvia”: Ecos do Sur.
  • Proxecto “Fogar” : Fundacion Hogar Santa Lucia.
  • Proxecto “Promociona”: Secretariado Gitano.
  • Proxecto “Viaxe cara á Vida”: Tierra de Hombres.

Discapacidade e dependencia

Obxectivo: promover a calidade de vida das persoas con discapacidade, lecer inclusivo e desenvolvemento psico-social deste colectivo.

  • Proxecto “Repsol con Asperga”: ASPERGA (Asociación Galega de Asperger).
  • Proxecto “Servizo de atención á diversidade auditiva”: Fundación Escoita.
  • Proxecto “Equinoterapia”: Asociación West Galicia.