Empregamos cookies propias e de terceiros con fins publicitarios para mellorar a túa experiencia de usuario. Se continúas, consideraremos que coñeces a nosa Política de Cookies e que estás de acordo co seu emprego.
Aceptar.
Saltar al contenido

Nota informativa

Otras informaciones

Esta tarde sobre as 17:00 horas, durante os traballos de posta en marcha tras a parada programada da área de Conversión da refinería, produciuse unha avaría nunha liña de vapor de alta presión. Tres traballadores foron atendidos polos servizos médicos do Complexo por contusións de carácter leve.

Este feito deu lugar a un forte ruído, como consecuencia da saída de vapor de auga, e un episodio de facho, sen que en ningún momento supuxese risco para a poboación.

Desde a refinería contactouse de forma inmediata coas autoridades e coas asociacións de veciños para explicarlles directamente o ocorrido.

Como consecuencia deste incidente, durante as próximas horas poderíase producir algún outro episodio de facho, xa que outras unidades da refinería víronse afectadas por esta avaría na liña de alta presión.