Empregamos cookies propias e de terceiros con fins publicitarios para mellorar a túa experiencia de usuario. Se continúas, consideraremos que coñeces a nosa Política de Cookies e que estás de acordo co seu emprego.
Aceptar.
Saltar al contenido

Repsol inicia a posta en marcha graduada das unidades en parada da refinería

Otras informaciones

A Refinería de Repsol na Coruña está a levar a cabo de forma graduada a posta en marcha das 19 unidades de Conversión, tras proceder a tarefas de inspección, mantemento e mellora que se realizaron durante a parada programada de mantemento que se iniciou a finais de abril e que terminará aproximadamente a mediados de xuño.

Na fase final de posta en marcha, os procedementos operativos requiren do envío controlado e puntual aos fachos de excedentes de elementos gasosos propios do proceso para a súa combustión. Por esta razón, en determinados momentos os fachos poderán ter unhas dimensións maiores das habituais, unha ci rcunstancia normal nestas fases do proceso, que se realizan de forma totalmente controlada e segura.

O sistema de facho é imprescindible para a seguridade e protección ambiental e a súa función principal é asegurar 24 horas ao día a descarga de gases pro cedentes das unidades e eliminar de maneira controlada os fluídos non reempregables que van parar a ela. Por esta razón, nunha parada é a última unidade en parar e a primeira en arrincar, marcando o ritmo dos traballos.

Despois dunha parada destas características, estas unidades recuperan as súas condicións orixinais para operar, de acordo cos máis altos estándares de seguridade, realizándose coa maior optimización posible.