Saltar al contenido

Repsol inicia os traballos previos á construción do pantalán de Langosteira

  • Realizaranse distintas sondaxes que determinarán exactamente as características do substrato areoso e rochoso para definir de forma precisa as obras do peirao.
  • O estudo xeotécnico farase mediante unha pontona, única no noso país, deseñada e construída en Ferrol, expresamente para traballar nas condicións climatolóxicas e de profundidade do Porto Exterior.
PDF 118 KB Descargar documento
Repsol inicia los trabajos previos a la construcción del pantalán de Langosteira1

Repsol inicia os traballos previos á construción do peirao de graneis líquidos en Punta Langosteira. A compañía contratou á empresa Eptisa para levar a cabo unha campaña xeotécnica específica na aliñación do peirao proxectado, cuxo obxectivo é complementar a información existente e así determinar as características exactas do terreo, que van permitir unha definición precisa das obras.

Está previsto que se realicen catro sondaxes a máis de 60 metros de profundidade, divididos entre 30-35 metros de fondo de auga en condicións de baixamar, ao que hai que engadir o espesor de capas areosas entre 5 e 16 metros; así como 3 metros máis no substrato rochoso. Se as condicións climatolóxicas son adecuadas estímase nun mes a duración do estudo.

Repsol inicia los trabajos previos a la construcción del pantalán de Langosteira2

Os traballos van realizar desde unha pontona de máis de 23 metros de eslora e 20 metros de manga, que dispón de catro patas de 42 metros que lle permiten poñerse en seco, para así manter a súa posición apoiada sobre o fondo mariño. A plataforma fornecida por Amarradores do Porto e Ría de Ferrol, S. L, tivo que construírse especificamente nos estaleiros Blascar, da Graña (Ferrol), dado que non existía en España ningunha con estas características. A construción da pontona iniciouse nos primeiros días de agosto de 2016 e finalizou no prazo récord de 14 semanas, incluíndo as certificacións e legalizacións necesarias O proxecto construtivo (deseño, cálculos e planos de fabricación) realizouse integramente polos estaleiros ferroláns, co asesoramento de Amarradores e baixo a supervisión técnica de Repsol.

O traslado da pontona desde a ría de Ferrol ata o Porto Exterior levou a cabo esta semana mediante un remolcador. A partir da semana que vén procederase á montaxe das patas mediante guindastres e comezará o estudo xeotécnico. .