Saltar al contenido

Traballarán 60 empresas auxiliares e 1.000 persoas cada día Repsol investirá máis de 23 millóns de euros na parada da área de combustibles da refinería

  • Os principais proxectos que levarán a cabo son a revisión de 22 unidades e de preto de mil equipos da refinería. Ademais, realizaranse 44 actuacións para introducir as últimas tecnoloxías e incrementar a eficiencia dos procesos.
  • Unha media diaria de 1.000 persoas, con puntas de 1.300 persoas/día, pasarán polas instalacións da refinería.
  • Ademais do persoal propio de Repsol, participarán máis de 60 empresas auxiliares, máis da metade implantadas en Galicia, o que reforza o compromiso de Repsol coa súa contorna.
  • O principal obxectivo de Repsol é a seguridade de todas as persoas que participarán na parada e, por este motivo, creouse un equipo de coordinación específico que está composto por máis de 120 profesionais.
  • Os traballos de inspección, mantemento e instalación de melloras tecnolóxicas durarán 30 días, aproximadamente.
PDF 65 KB Descargar documento

A Refinería de Repsol na Coruña investirá 23,5 millóns de euros na parada programada das unidades de combustibles, durante a cal se revisarán 22 unidades e de preto de 1.000 equipos. Nos traballos, que empezarán no día de hoxe, tamén se realizarán 44 actuacións para introducir as últimas tecnoloxías e incrementar a eficiencia dos procesos.

Esta revisión programada, que terá unha duración prevista de 30 días, implica un cesamento temporal do funcionamento de aproximadamente a metade das unidades da refinería, para proceder a tarefas de inspección, mantemento e investimentos en innovación tecnolóxica. O resto das unidades da refinería funcionarán con normalidade.

Ademais do persoal propio, estímase que na parada traballarán diariamente máis de 1.000 profesionais pertencentes sobre todo a empresas auxiliares, as cales realizarán máis de 310.000 horas/persoa. Nalgunhas xornadas prevese unha punta de ata 1.300 traballadores, principalmente de empresas contratistas. Para estes traballos, Repsol contratou a 60 empresas, máis da metade galegas, o que reforza o compromiso de Repsol coa súa contorna.

Para levar a cabo a parada programada, creouse un departamento específico, integrado por máis de 150 profesionais pertencentes a todas as áreas da Refinería da Coruña, coa colaboración de técnicos doutros complexos industriais de Repsol en España.

O principal obxectivo de Repsol é a seguridade de todos os traballadores que participarán nas tarefas de inspección e mantemento. Por esta razón, a coordinación de seguridade estará formada por máis de 120 persoas, entre persoal propio, técnicos de prevención de empresas de servizos e todos os profesionais de prevención das empresas contratistas. Funcionará as 24 horas e encargarase de velar pola prevención e xestión de todos os aspectos de seguridade. Todas as persoas que formarán parte da parada teñen uns requisitos de formación en seguridade, que ademais se reforzan con cursos específicos sobre a parada e sobre os traballos que se van a realizar.

Os investimentos en materia de seguridade, medio ambiente, innovación e tecnoloxía son unha constante na refinería coruñesa e sitúan a esta instalación industrial entre as máis eficientes do seu sector en Europa. Neste complexo industrial traballan, directa e indirectamente, 1.000 persoas e xéranse outros 3.000 empregos inducidos coa actividade diaria da refinería.

A parada tamén foi deseñada minuciosamente desde un punto de vista loxístico, para dispoñer de áreas de aparcadoiro, vestiarios, comedor, así como transporte colectivo para dar servizo á enorme afluencia de traballadores de empresas contratistas que diariamente accederán ás instalacións industriais.

Durante os primeiros días, na fase de parada de unidades, os procedementos operativos requirirán do envío controlado e puntual aos fachos de excedentes de elementos gaseosos propios do proceso para a súa combustión. Por esta razón, en determinados momento os fachos poderán ter unhas dimensións maiores das habituais, unha circunstancia normal nesta fase do proceso, que se realiza de forma totalmente controlada e segura.