Saltar al contenido
Será a primeira unidade en recuperar o funcionamento na parada

A facho da área de combustibles de Repsol volverá funcionar dende hoxe

  • O quemador do facho foi sustituido hai dúas semanas nunha das actuacións máis singulares da parada y dentro dunha das principais áreas de actuacións.
  • Os fachos forman parte dos mecanismos de seguridade con que contan as plantas.
PDF 33 KB Descargar documento

Dende hoxe o facho da área de combustibles da Refinería Repsol na Coruña volverá funcionar, tras dúas semanas fora de funcionamento por mor dos traballos de mantemento e melloras tecnolóxicas que se están a levar a cabo dentro da parada técnica de 2017.

O sistema de facho é imprescindible para a seguridade e protección ambiental e a súa función principal é asegurar 24 horas ao día a descarga de gases procedente das unidades e eliminar de maneira controlada os fluídos non reutilizables que van a parar a ela. Por esta razón, nunha parada é a última unidade en parar e a primeira en arrincar; marcando o ritmo dos traballos.

Debido a entrada en funcionamento do sistema de queimado de gases tras o período de mantemento e actualización de compoñentes, poden producirse lumeiradas máis altas do habitual. Trátase dun proceso completamente normal tanto na parada como na posta en marcha do sistema, que sirve para garantir o correcto queimado dos gases excedentes na produción.

Os traballos de mantemento e innovación da parada continuarán en marcha durante a vindeira semana. A parada de combustibles de 2017 é unha das máis importantes para a compañía, con picos de 1.300 empregados traballando nela e máis de 40 investimentos a realizar. A Refinería de Repsol na Coruña investirá 23,5 millóns de euros nesta parada programada, durante a que vse revisarán 22 unidades e preto de 1.000 equipos.