Saltar al contenido

A compañía inviste 23,5 millóns en seguridade e innovación Repsol conclúe a parada programada da área de combustibles da refinería

  • Máis de 1.300 profesionais traballaron coordinadamente durante as catro semanas que durou a parada, incluíndo persoal de Repsol e de empresas auxiliares.
  • A parada supuxo máis de 310.000 horas de traballo, cumprindo os prazos previstos e os obxectivos de seguridade.
PDF 201 KB Descargar documento
Repsol concluye la parada programada del área de combustibles de la refinería

A Refinería de Repsol na Coruña volveu hoxe a retomar a actividade na área de combustibles, unha vez finalizados os traballos de mantemento e mellora desenvolvidos durante a parada programada, que se iniciou o pasado 9 de marzo.

Esta revisión e modernización das instalacións completouse dentro do prazo previsto de 30 días e permitiu introducir importantes melloras tecnolóxicas e de seguridade, que servirán para aumentar o rendemento da planta.

Foron catro semanas de intenso traballo nas que participaron máis de 1.500 profesionais, con picos de 1.300 persoas traballando simultaneamente no recinto. Ao persoal habitual da refinería da Coruña sumáronse 13 profesionais vindos doutros centros de Repsol, e os persoais das máis de 60 empresas contratadas, máis da metade implantadas en Galicia. Todos eles desenvolveron máis de 310.000 horas de traballo durante os 30 días de parada.

Máis de 20.000 horas en formación de seguridade

Para coordinar a parada creouse un departamento específico, integrado por máis de 150 profesionais pertencentes a todas as áreas da refinería da Coruña, coa colaboración de técnicos doutros complexos industriais de Repsol en España.

Dentro deste equipo contouse cunha área específica de seguridade, formada por máis de 120 persoas, entre persoal propio, técnicos de prevención de empresas de servizos e todos os profesionais de prevención das empresas contratistas, en funcionamento as 24 horas do día, o que permitiu conseguir cero accidentes en execución.

Para garantir a seguridade durante os traballos, a refinería investiu máis de 20.000 horas en formación de seguridade, incluíndo cursos específicos de movemento de cargas ou de uso de equipos de respiración. Todo o persoal implicado na parada recibiu formación específica en seguridade, con reunións semanais para controlar a evolución dos traballos, revisión das avaliacións de riscos das empresas de servizos contratadas e avaliacións diarias do Equipo de Coordinación de Seguridade, que serviron para repasar todas as observacións preventivas.

Durante o período de parada contouse coa colaboración dun Grupo de Rescate Industrial, que serviu para asesorar sobre a entrada en espazos confinados de difícil acceso, os traballos de altura como o cambio do quemador ou tip do facho, a montaxe de liñas de vida ou o de trípodes de rescate, fundamentais para garantir a seguridade en todos os traballos desenvolvidos.

Innovación e seguridade

A parada realízase para acometer tres tarefas fundamentais: a realización de inspeccións oficiais regulamentarias, o mantemento para garantir o seguinte ciclo produtivo e a reposición e mellora de equipos. Neste sentido, practicamente a metade do orzamento da parada (23,5 millóns de euros) destinouse a innovacións en seguridade e tecnoloxía.

Entre todas as innovacións implantadas durante a parada destacan: 

- Novas consolas na sala de control Supoñen un cambio tecnolóxico fundamental, coa incorporación de tecnoloxía completamente dixital e táctil. Esta refinería será a primeira de Europa e unha das primeiras do mundo en instalar estes sistemas, que permiten un control da operación das plantas moito máis eficiente. É un salto tecnolóxico que contribuirá a mellorar a seguridade, a fiabilidade e a eficiencia do complexo industrial de Repsol na Coruña.

- Sistema de seguridade das unidades Substitúense os actuais PLC (sistemas automático de seguridade en procesos) por outros moito máis modernos, que permiten menores tempos de reacción e aumentan a seguridade.

- Precalentadores de aire no forno de destilación de cru (Apex). Sistema de recuperación de calor que permitirá aumentar enormemente a eficiencia enerxética e diminuír, ao mesmo tempo, as emisións de CO2. 

Todas estas melloras, unidas ás levadas a cabo na seguridade, supoñen importantes avances na área de combustibles da refinería da Coruña, e viñeron acompañadas de formación específica para o persoal responsable da súa operatividade.

A parada do área de combustibles en cifras

- 30 días de traballo 

- Máis de 310.000 horas 

- Puntas de 1.300 profesionais 

- 20.000 horas de formación en seguridade 

- Máis de 60 empresas contratistas, máis da metade implantadas en Galicia 

- Investimento de 23,53 millóns de euros 

- 120 persoas destinadas en exclusiva a garantir a seguridade nos traballos 

- 300.000 m3 de estadas

- Innovación implementada capaz de reducir en 6.000 toneladas as emisións de CO2 (o equivalente ao consumo medio anual de gas natural de 6.000 familias)

- 47 km de tubaxes inspeccionadas

- Pintado de 400 m2 de equipos (o equivalente á fachada dun edificio de 50 plantas)