Saltar al contenido
Notas de prensa

Fundación Repsol apoia o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia dentro do seu compromiso coa cultura galega

PDF 352 KB Descargar documento
Fundación Repsol apoya el concierto de la Orquesta Sinfónica de Galicia dentro de su compromiso con la cultura gallega

Fundación Repsol apoia xunto á Refinería de Repsol en A Coruña o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) que terá lugar mañá pola tarde ás 20:30 horas no Palacio da Ópera da Coruña.

Nesta ocasión, a OSG interpretará ante máis de 1.000 persoas o Concerto para piano e orquestra, en sol menor, de Antonin Dvorák, e a Sinfonía nº1, en do menor, de Johannes Brahms. A Sinfónica de Galicia estará dirixida polo israelí Eliahu Inbal e contará co acompañamento do pianista, Francesco Piemontesi.

Comprometidos co talento

O concerto deste venres enmárcase dentro do compromiso que Repsol e a súa Fundación manteñen coa cultura co obxectivo de achegar a música aos cidadáns. En 1998 comezou esta colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia e desde entón realizouse unha achega de máis de 1 millón de euros para o desenvolvemento do seu labor cultural.

Ademais, Fundación Repsol apoia a formación musical dos máis novos mediante o patrocinio do programa educativo Son Futuro da OSG. Para iso, achega unha doazón de máis de 70.000 euros que se destina ás actividades deste programa, onde se atopan todas as iniciativas promovidas desde a Orquestra Nova e de Nenos, o Coro Novo e os Nenos Cantores da OSG, e os concertos didácticos para escolares e en familia ofrecidos pola Sinfónica de Galicia.