Saltar al contenido
Notas de prensa

Fundación Repsol leva os talleres de Aprendenergía a máis de 750 escolares da Coruña

  • Fundación Repsol desenvolve ata o 6 de maio na Coruña os seus novos obradoiros sobre enerxía nos que participan máis de 750 alumnos de 6º de primaria e 3º de ESO. A través desta iniciativa lúdica e educativa, os nenos e mozos coñecen máis en profundidade as diferentes fontes de enerxía e toman conciencia da necesidade de facer un uso máis responsable dos recursos enerxéticos.
PDF 160 KB Descargar documento
1 Fundación Repsol lleva los talleres de Aprendenergía a más de 750 escolares de A Coruña

Máis dunha decena de centros educativos da Coruña acollen desde o 24 de abril ata o 6 de maio os obradoiros de Aprendenergía, un proxecto de Fundación Repsol que nace co obxectivo de achegar aos máis novos o mundo da enerxía.

Esta mañá alumnos do IES A Sardiñeira puideron coñecer o novo contido destes obradoiros, que renovan os seus contidos, ofrecendo aos estudantes de 6º de primaria e 3º de ESO dúas actividades guiadas por monitores especializados. A presentación destas novas actividades contou coa presenza da subdirectora de Persoas e Organización da Refinería Repsol da Coruña, Dácil Suárez Bolaños, e a responsable do proxecto de Fundación Repsol, de Carolina Grases Mendóza.

“O gran reto do mix enerxético” e “A gymkana da enerxía”

A través do xogo “O gran reto do mix enerxético” os alumnos adquiren diferentes roles, e mediante o debate, deben asegurar o abastecemento de enerxía en diferentes circunstancias. No caso dos máis pequenos, terán que axudar a unha nave alieníxena a conseguir a enerxía suficiente para volver ao seu planeta. Pola súa banda, os estudantes de secundaria deberán converterse en xestores enerxéticos para conseguir unha cidade máis sustentable.

En ambos os casos, para lograr o seu reto, os participantes poden utilizar diferentes fontes de enerxía primaria, pero terán que ter en conta a dispoñibilidade de recursos, as emisións de CO2 e o custo económico.

Con este xogo, os mozos e mozas coñecen as diferentes fontes de enerxía, achéganse aos procesos de transformación e comprenden o valor e a importancia das diferentes enerxías. En todo momento están acompañados polos monitores, que lles axudan resolvendo todas as súas dúbidas.

A outra actividade é a “Gymkana da enerxía”, na que os estudantes, organizados en equipos, deben colaborar para superar divertidas probas, adaptadas ás diferentes idades dos participantes, nas que deberán demostrar as súas habilidades e coñecementos sobre enerxía e sustentabilidade.

Estes obradoiros enmárcanse no programa Aprendenergía, de Fundación Repsol, orientado a divulgar temas sobre enerxía entre os máis novos, concienciando ás futuras xeracións sobre a importancia de facer un uso máis responsable dos recursos enerxéticos para lograr un mundo máis sustentable.

Os obradoiros no Día da Ciencia na Rúa

Os obradoiros de Aprendenergía tamén estarán na celebración do Día da Ciencia na Rúa (DCC) prevista para o vindeiro sábado, 6 de maio, no Parque Santa Margarita da Coruña. 

Máis información www.fundacionrepsol.com