Saltar al contenido

Repsol e Down Coruña firman un convenio de colaboración para fomentar a inserción laboral

PDF 115 KB Descargar documento
 Repsol y Down Coruña firman un convenio de colaboración para fomentar la inserción laboral

O director da Refinería de Repsol na Coruña, Luís Llamas, e o presidente da Asociación Down Coruña, Manuel Álvarez Esmorís, asinaron esta mañá un convenio de colaboración que servirá para financiar o “Programa de preparación para a inserción laboral de persoas con síndrome de down”.

O convenio, que supoñerá un investimento de 8.000 euros, enmárcase dentro da política de Responsabilidade Corporativa de Repsol, que busca fomentar a integración laboral de persoas con discapacidade, impulsando para iso múltiples iniciativas de colaboración con diferentes entes e asociacións.

A Asociación Down Coruña é unha entidade dedicada a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual a través da súa plena integración social e o “Programa de preparación para a inserción laboral de persoas con síndrome de down” baséase na mellora das capacidades de lectoescritura dos participantes, capacitándolles así para acceder a un abanico moito máis amplo de ofertas laborais.