Saltar al contenido

Os alumnos foron premiados polo seu labor ambiental no centro Repsol e o IES de Pastoriza celebran o Día Mundial do Medio Ambiente

  • Ambas as entidades promoveron ao longo deste curso a terceira edición do proxecto Plan de Limpeza no que participaron os 316 alumnos do instituto arteixán.
  • Previamente á entrega de premios os alumnos realizaron a plantación dunha árbore con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.
PDF 38 KB Descargar documento
Repsol y el IES de Pastoriza celebran el día mundial del medio ambiente

A subdirectora de Persoas e Organización da Refinería da Coruña, Dácil Suárez, e o director do IES A Pastoriza, Javier Cal, entregaron esta mañá no centro educativo os premios do concurso de limpeza e reciclaxe nas aulas do 2016-2017.

Ambas as entidades promoveron ao longo deste curso a terceira edición deste Plan no que participaron os 316 alumnos do instituto arteixán, quen puido desenvolver a súa creatividade, capacidade de traballo en equipo e respecto ao medio ambiente. Esta colaboración entre ambas as entidades atópase dentro do compromiso do complexo industrial coa contorna máis próxima onde Repsol desenvolve a súa actividade.

Os galardóns, divididos en tres categorías, foron outorgados a 3º PMAR (Programa de Mellora da Aprendizaxe e o Rendemento) pola aula Máis Limpa, 3º E.S.O. A por a aula en Mellor Estado de Conservación, e 2º E.S.O. C pola aula Máis Ordenada.

O Plan de Limpeza 2016-2017

Esta iniciativa ten como obxecto concienciar ao alumnado da importancia e necesidade de ter unha contorna limpa, sensibilizar á comunidade educativa da cantidade de residuos que se xeran nun centro, tomar conciencia de que os residuos poden ser reutilizados a través de novos hábitos de consumo e de impacto ambiental e potenciar a idea de que pequenas accións provocan grandes cambios.

Este plan desenvolveuse en dous ámbitos: as patrullas de limpeza formadas por 140 alumnos voluntarios encargados de fomentar e comunicar durante os recreos condutas correctas de limpeza nas instalacións, e o concurso de limpeza e reciclaxe nas aulas no que participaron todos os alumnos do centro que se responsabilizaron do estado de conservación das clases e do desenvolvemento de propostas de melloras.

Como incentivo pola participación no Plan de Limpeza 2016-2017 os alumnos voluntarios das patrullas gozarán dunha xornada lúdico-educativa na cidade.

Día Mundial do Medio Ambiente

Previamente á entrega de premios os alumnos do centro realizaron a plantación unha árbore con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente. Trátase dun liquidámbar americano de máis de 3 metros de altura que desde hoxe forma parte das instalacións do centro educativo xunto ao exemplar da mesma especie plantado o ano anterior.