Saltar al contenido

Fundación Repsol e a Refinería lanzan unha nova convocatoria de bolsas de Formación Profesional

Fundación Repsol, en colaboración cos complexos industriais de Repsol e Petronor, lanza unha nova convocatoria de bolsas para alumnos de Formación Profesional. No curso 2017-2018 concederanse un total de 20 axudas a estudantes de FP da Coruña e Arteixo, que os interesados poderán solicitar desde o 1 de xullo a través da web becasfp.fundacionrepsol.com.
Nota de prensa
PDF Descargar documento
Fundación Repsol y la Refinería lanzan una nueva convocatoria de Becas de Formación Profesional
Este programa de bolsas de Formación Profesional (FP) é unha iniciativa de Fundación Repsol, en colaboración cos complexos industriais de Repsol e Petronor, co fin de promover e facilitar a FP como unha opción educativa, mellorando así a capacidade de empregabilidade dos mozos.
En concreto, para os estudantes que cursen os seus estudos en centros educativos da Coruña e Arteixo convócanse un total de 20 axudas (5 para ciclos formativos de grao medio e 15 para o grao superior).
En total concederanse 100 bolsas, das que se destinan 25 para ciclos formativos de grao medio (CFGM) e 75 para ciclos formativos de grao superior (CFGS), cunha contía de 800 euros cada unha.
Un ano máis, os alumnos interesados poderán realizar as súas inscricións a través da web becasfp.fundacionrepsol.com. O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto desde o 1 de xullo ata o 16 de outubro de 2017.
Poderán acceder ás bolsas os alumnos que cursen estudos de formación profesional de grao medio e grao superior das seguintes áreas: Electricidade/Electrónica, Fabricación mecánica, Instalacións e mantemento, Edificación e obra civil, Enerxía e auga, Química, Informática e comunicacións, Administración e xestión, Comercio e márketing, Sanidade e Seguridade e medio ambiente.
Como novidade, este ano aumentouse o número de prazas para estudantes con capacidades diferentes, en liña co compromiso de Fundación Repsol, Repsol e Petronor coa integración social e laboral deste colectivo. No curso 2017-2018, un 10 % das bolsas deste programa están reservadas para estudantes con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %.
Toda a información da convocatoria estará dispoñible a partir do 1 de xullo en: becasfp.fundacionrepsol.com