Saltar al contenido

Fundación Repsol e a Xunta de Galicia convocan a XI edición do Premio Narrativa Breve

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a director da área Institucional, de Enerxía e Sustentabilidade de Fundación Repsol, Eduardo García Moreno, asinaron o convenio para o lanzamento desta nova edición.
Nota de prensa
PDF 88 KB Descargar documento
Premio Narrativa Breve

Fundación Repsol e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocan a XI edición do Premio Narrativa Breve en lingua galega.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a director da área Institucional, de Enerxía e Sustentabilidade de Fundación Repsol, Eduardo García Moreno, asinaron esta mañá a renovación do convenio de colaboración que ambas as entidades manteñen desde o 2006. Estiveron acompañados polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García e polo director da Refinería de Repsol na Coruña, Javier Sancho.

O obxectivo do convenio é o impulso da creación de literatura en galego, a través deste certame literario xa consolidado e de referencia no panorama das letras galegas. Desta forma, a Xunta de Galicia promove, xunto ao apoio de Fundación Repsol, o uso social da lingua galega, un dos ámbitos prioritarios para a política lingüística.

Requisitos do premio

A dotación económica do premio ascende, por quinto ano consecutivo, a 12.000 euros e inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia.

As obras poderán enviarse ata o próximo 24 de xullo. Os textos deberán ser orixinais e escritos en galego, conforme á normativa establecida pola Real Academia Galega, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 120.

Unha vez pechado o prazo, un xurado decidirá a obra gañadora que se dará a coñecer no mes de setembro. Estará conformado por cinco membros, que representarán a Fundación Repsol, á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería, á Real Academia Galega, á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e á Editorial Galaxia.

As bases están dispoñibles nas webs fundacionrepsol.com e acoruna.repsol.com

O Premio Narrativa Breve

O Premio Narrativa Breve foi creado no ano 2006 pola Refinería e vertebrado de forma conxunta coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, co obxectivo de fomentar a cultura e a lingua galega. No 2010, Fundación Repsol toma a substitución da Refinería no impulso do certame, que desde o seu inicio, conta co apoio da Real Academia Galega e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, así como coa estreita colaboración da Editorial Galaxia, que editou as anteriores obras gañadoras.

Na última edición, a novela que resultou gañadora foi Nordeste, obra de Daniel Asorey.

Bases