Saltar al contenido

Repsol renova o convenio de colaboración co Clube Autocross de Arteixo

  • A compañía patrocinará por quinto ano consecutivo a proba do XXII Campionato de España de Autocross, que terá lugar os días 11,12 e 13 de agosto.
Nota de prensa
PDF 135KB Descargar documento
convenio colaboración club autocross

A Refinería de Repsol na Coruña patrocina por quinto ano consecutivo a sexta proba do XXII Campionato de España de Autocross, que atrae a máis de 10.000 afeccionados ao deporte do motor ao circuíto arteixán José Ramón Losada.

Esta mañá, o director da Refinería, Javier Sancho, e o presidente do Club Autocross de Arteixo, José Manuel Castro Calvete, firmaron un convenio de colaboración para a XXII edición da sexta proba do Campionato Nacional.

Esta colaboración, que Repsol promove desde o ano 2012, atópase dentro dos compromisos deportivos que a Refinería mantén co seu entorno máis próximo.

O Campionato de España de Autocross

Esta competición visitará Arteixo os días 11, 12 e 13 de agosto. O circuíto José Ramón Losada acollerá a sexta proba deste campionato, que estará conformada por seis divisións: División I (turismos prototipos 4x4), División II (turismos ata 2.000cc de dos rodas motrices), Off Road Series (turismos con motores de serie de ata 2.000cc, caixa de cambios de 5 velocidades, e tracción a dous rodas motrices), División III (fórmulas prototipo con motor de moto ou coche e 2 ou 4 rodas motrices), CarCross (prototipos con motor de moto 600cc) e CarCross Junior (categoría para os máis novos da grella, xa desde os 13 anos, e con moto 600cc limitado).

En total, espérase a participación de máis de 140 pilotos de España, Portugal, Francia e Italia, cuxos nomes se coñecerán o próximo 11 de agosto.