Saltar al contenido

Preto de 160 pilotos competirán este fin de semana no circuíto José Ramón Losada Repsol patrocina a proba do Campionato de España de Autocrós de Arteixo

  • Esta colaboración está enmarcada dentro dos compromisos que o complexo industrial de Repsol mantén coa súa contorna máis próxima e cos deportes do motor.
Nota de prensa
PDF 135KB Descargar documento
Repsol patrocina a proba do campionato de españa de autocrós de arteixo

A refinería de Repsol patrocina a proba do Campionato de España de Autocrós de Arteixo, un evento deportivo referente no mundo do automobilismo que se disputará este fin de semana no circuíto José Ramón Losada.

Esta mañá celebrouse no Concello de Arteixo a presentación da XX edición da proba deportiva na que participarán case 160 pilotos. Ao acto de presentación asistiron o concelleira de Deportes de Arteixo, Purificación Zas, a subdirectora de PyO do Complexo da Coruña, Dácil Suárez, e o presidente do Club Autocrós de Arteixo, Jose Manuel Castro.

Dácil Suárez explicou que Repsol apoia desde o 2012 esta importante proba dentro dos compromisos que o complexo industrial mantén coa súa contorna máis próxima. Tamén destacou a seriedade e extraordinario labor que realiza o Club Autocrós de Arteixo á promoción do deporte do motor, ámbito co que Repsol ten unha especial vinculación.

Hai que destacar que o club arteixán, desde a súa creación en 1982, conseguiu converter o circuíto José Ramón Losada nun punto de referencia do automobilismo nacional, que atrae a máis de 10.000 persoas cada ano.