Saltar al contenido

A Refinería finaliza o 2º curso de FP Dual con máis de 1.000 horas de formación

  • Este proxecto formativo pioneiro na área coruñesa é promovido por Repsol desde o 2013 xunto á colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  • En concreto, un total de 13 alumnos matriculados no grao superior de Química Industrial do IES A Sardiñeira combinaron os seus estudos no centro con formación e traballo efectivo nas instalacións de Repsol durante os últimos dous anos.
  • Para Repsol e a súa Refinería na Coruña é fundamental o papel da FP no desenvolvemento formativo e na inserción laboral dos mozos, sendo máis do 50% dos traballadores do Complexo Industrial titulados en estudos de Formación Profesional.
Nota de prensa
PDF 135KB Descargar documento
La Refinería finaliza el 2º curso de FP Dual con más de 1.000 horas de formación

A Refinería da Coruña finalizou hoxe nas súas instalacións o 2º curso de Formación Profesional Dual, un proxecto formativo pioneiro na área coruñesa que o Complexo Industrial de Repsol promove desde o 2013 xunto á colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

En concreto, un total de 13 alumnos matriculados no grao superior de Química Industrial do IES A Sardiñeira combinan os seus estudos no centro con formación e traballo nas instalacións de Repsol, desde xaneiro de 2015 ata data de hoxe.

A novidade deste proxecto vén dada polo feito de recibir formación curricular xunto a traballo remunerado na empresa (ata un 52,5% do total do tempo que dura o ciclo), onde os alumnos acceden a formación complementaria á establecida co fin de reforzar a súa preparación e mellorar a súa empleabilidade.

Foron dous anos intensos, tanto no Instituto como en Refinería, nos que estiveron case 260 días sumando máis de 2.200 horas de aprendizaxe no Complexo.

A colaboración entre Repsol e o IES Sardiñeira foi total e desde o Complexo Industrial queremos agradecer tanto aos profesores como a todo o persoal de Refinería a súa implicación na formación destes futuros operadores de planta.

A Refinería e a Formación Profesional

Para Repsol e a súa Refinería na Coruña é fundamental o papel da FP no desenvolvemento formativo e na inserción laboral dos mozos, sendo máis do 50% dos traballadores do Complexo Industrial titulados en estudos de Formación Profesional.

A FP Dual supón, ademais dun beneficio engadido para os estudantes, unha oportunidade para as empresas, xa que desta forma, a Compañía pode formar a futuros profesionais, dándolles coñecementos específicos axustados ás necesidades reais do sector en Galicia. Por esta razón, a Refinería leva unha longa traxectoria de actuacións que apoian á Formación Profesional.

Ao longo de distintas etapas colaborouse coa Xunta de Galicia para o impulso á FP, tanto para a impartición de cursos, como para a realización de prácticas. Froito disto, desde 1992 máis de 800 estudantes de distintas ramas realizaron prácticas nas instalacións de Repsol na Coruña.

No 2003 a Refinería impulsou a creación e o desenvolvemento do Ciclo Superior de Industrias de Proceso Químico. Este Ciclo impártese actualmente no Instituto A Sardiñeira na Coruña e ampliouse a dous anos de duración a partir de 2010, pasando a denominarse de Química Industrial. Os seus alumnos teñen a posibilidade de realizar as prácticas na Refinería e posteriormente, superando unhas probas de acceso, poden integrarse na bolsa de emprego.

Por último no 2011, creouse xunto a Fundación Repsol o Programa de Bolsas que continúa cada curso para alumnos de distintas especialidades técnicas de FP pertencentes aos concellos da nosa contorna (A Coruña e Arteixo). Estas bolsas son compatibles con outras outorgadas pola Administración e ademais posúen unha cota para persoas con capacidades diferentes, dentro do Plan Anual de actuación para a integración da Refinería de Repsol.