Saltar al contenido

Repsol se suma al proyecto cultura inclusiva de la Fundación Emalcsa

Nota de prensa
PDF 46 KB Descargar documento
Repsol se suma al proyecto cultura inclusiva de la Fundación Emalcsa

O director da Refinería de Repsol na Coruña, Javier Sancho, e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, formalizaron esta mañá o convenio de colaboración entre ambas as entidades destinado a dotar de fondos a segunda convocatoria do proxecto Cultura Accesible e Inclusiva de Fundación Emalcsa. O convenio de colaboración supón a achega por parte da Refinería de 10.000 euros.

Tal e como explicaba Javier Sancho, “este convenio enmárcase dentro do compromiso de Repsol coa difusión cultural, e que mellor maneira de afianzar este compromiso que mediante un proxecto que busca levar a cultura a todos e cada un dos cidadáns, sen importante a súa condición.”

Pola súa banda, o alcalde, Xulio Ferreiro, destacou a nova convocatoria de Cultura Inclusiva e Solidaria que esta edición “abriuse á colaboración de terceiras entidades, como Repsol, que realizan un gran labor de patrocinio, fundamental para abordar, entre todos e todas, un dos maiores retos que temos por diante, que é o de facer desta unha cidade que inclúa realmente ás diversidades”.

O obxectivo deste proxecto é axudar a entidades coruñesas a desenvolver iniciativas que faciliten a inclusión e accesibilidade á cultura de todas aquelas persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social.

Para iso, cada entidade poderá presentar só un proxecto, para o cal poderá obter entre 3.000 e 10.000 euros, que será a contía máxima. Os gastos que se poderán xustificar serán, entre outros, os de persoal, relacionados coa montaxe de eventos culturais ou para a eliminación de barreiras en lugares onde se desenvolve o proxecto, desprazamentos, comunicación ou márketing.

Para máis información, pódese consultar a páxina web www.fundacionemalcsa.es, na que se detalla a documentación necesaria que se deberá presentar, como máximo ata o 15 de novembro deste exercicio. As solicitudes que se tramiten fose do prazo establecido, ou que non se axusten ás bases, quedarán excluídas da convocatoria. A resolución, que terá carácter irrevogable, será publicada no web da Fundación Emalcsa.

Esta colaboración co Concello da Coruña enmárcase dentro do compromiso socialmente responsable que a Refinería mantén coa súa contorna máis próxima co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas e lograr un maior desenvolvemento social.