Saltar al contenido

Repsol renova O seu convenio coa Federación de Xordos para a Integración Laboral

  • A Refinería e a FAXPG asinan a renovación do seu acordo, que naceu en 2016, para o financiamento de prácticas non laborais en empresas para persoas xordas, con discapacidade auditiva e desempregadas.
  • É un colectivo especialmente vulnerable, que presentan unhas taxas de inactividade en torno ao 65% en Galicia.
PDF 118 KB Descargar documento
Repsol renueva su convenio con la Federación de Sordos para la Integración Laboral

O director da Refinería de Repsol na Coruña, Javier Sancho e o presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Iker Sertucha, renovaron o convenio de colaboración entre ambas entidades, tras o éxito da primeira acción conxunta, desenvolvida ao longo de 2017, e que permitiu o financiamento de prácticas non laborais en empresas para persoas xordas, con discapacidade auditiva e desempregadas.

Esta iniciativa enmárcase dentro da liña de acción social de Repsol, e o seu desenvolvemento está enfocado principalmente á cualificación específica e á inserción laboral, nun colectivo especialmente vulnerable, que presentan unhas taxas de inactividade en torno ao 65% en Galicia. O desemprego afecta principalmente os mozos, con independencia do seu nivel de cualificación profesional, que non teñen experiencia laboral e aos maiores de 40 anos que proveñen de sectores en declive, por exemplo a construción ou a automoción, sen formación acreditada.

O novo programa, baseado nos bos resultados da primeira edición, onde todos os participantes foron cualificados con excelentes valoracións polas empresas colaboradoras, inclúe Información, orientación e asesoramento para o desenvolvemento dun itinerario personalizado de inserción, formación básica en habilidades prelaborais e laborais, así como a xestión e seguimento de prácticas non laborais en empresas, de 2 meses de duración.

Tal e como explicaba Javier Sancho, director da Refinería Repsol da Coruña “este proxecto é unha mostra máis do compromiso que temos adquirido coa sociedade coruñesa, que desde hai máis de 50 anos buscamos dar resposta ás necesidades sociais da nosa contorna máis próxima, e axúdanos a difundir a nosa Enerxía Social.”


Sancho quixo tamén agradecer “á Federación e a todo o seu equipo que conten un ano máis con Repsol, destacar o enorme esforzo que realizan, e resaltar a importancia que ten o labor diario que desenvolven para facer a vida máis fácil a todas aquelas persoas con esta discapacidade.”

A FAXPG, é unha entidade sen ánimo de lucro fundada o 11 de novembro de 1979 e declarada de utilidade pública o 27 de abril de 2005 e está composta por sete Asociacións de Persoas Xordas (A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra).