Empregamos cookies propias e de terceiros con fins publicitarios para mellorar a túa experiencia de usuario. Se continúas, consideraremos que coñeces a nosa Política de Cookies e que estás de acordo co seu emprego.
Aceptar.
Saltar al contenido

Fundación Repsol e a Xunta de Galicia convocan a XIII edición do Premio Narrativa Breve Repsol

O conselleiro de Cultura e Turismo e o director da Área Institucional de Fundación Repsol asinaron a renovación do convenio de colaboración que ambas as entidades manteñen desde o 2006.
Nota de Prensa
PDF Descargar documento
Jurado premio Narativa Breve

Fundación Repsol e a Xunta de Galicia convocan a decimo terceira edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega. 

O certame xa consolidado e de referencia no panorama das letras galegas conta cunha dotación económica de 12.000 euros e inclúe a publicación da peza pola Editorial Galaxia.

Nesta nova edición o prazo de presentación das novelas ante Fundación Repsol estará aberto ata o 31 de xullo e os textos deberán ser orixinais e escritos conforme á normativa establecida pola Real Academia Galega. Todas as pezas presentadas deben ser inéditas, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 120. 

O xurado estará conformado por un representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo, outro de Fundación Repsol, un da Real Academia  Galega, outro da Asociación de Escritores en  Lingua  Galega e un de Editorial Galaxia. 

Renovación do convenio

O pasado venres, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o director da Área Institucional de Fundación Repsol, Gonzalo Vázquez Villanueva, asinaron a renovación do convenio de colaboración que ambas as entidades manteñen desde o 2006. 

Durante o acto de firma celebrado no Pazo de San Roque, estiveron acompañados polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e polo director da refinería de Repsol na Coruña, Javier Sancho.

Esta colaboración de ambas as entidades ten por obxecto o impulso da literatura en lingua galega e ser unha vía e promoción para os escritores galegos.

Máis de 300 obras desde a súa creación

O Premio Narrativa Breve Repsol foi creado no ano 2006 pola refinería de Repsol na Coruña e vertebrado de forma conxunta coa Xunta de Galicia. No 2010, Fundación Repsol toma a substitución do complexo industrial no impulso do certame, que desde o seu inicio, conta co apoio da Real Academia Galega e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, así como coa estreita colaboración da Editorial Galaxia, que edita as obras gañadoras.

O certame contou coa participación de máis de 300 obras desde o seu nacemento e na última edición a novela que resultou gañadora foi Extraordinario, do escritor monfortino Antón Lopo.


Máis información fundacionrepsol.com