Saltar al contenido

Gonzalo Hermo recibe o Premio de Narrativa Breve Repsol pola súa obra “Diario dun enterro”

O escritor foi galardoado con 12.000 euros e coa publicación do seu libro por parte da Editorial Galaxia.
Nota de Prensa
PDF Descargar documento
Ganadores premio narrativa breve

Gonzalo Hermo recibiu esta noite na Coruña o Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega grazas á súa primeira novela “Diario dun enterro”.

O acto de entrega tivo lugar na sede da Fundación Paideia Galiza na Coruña e estivo presidido por Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo, Arantzazu Hernanz, subdirectora da área Institucional de Fundación Repsol, e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.

Á entrega tamén asistiron diversos representantes da cultura e a sociedade galega, e contou cun recital da cantante e interprete, Rosa Cedrón.

A la entrega también han asistido diversos representantes de la cultura y la sociedad gallega, y ha contado con un recital de la cantante e interprete, Rosa Cedrón.

Trece edicións apoiando a creación en galego

No ano 2006 a refinería da Coruña creou en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Premio Narrativa Breve Repsol, que desde 2010 promove Fundación Repsol.

O obxectivo desta iniciativa cultural é impulsar e reforzar a creación de literatura en lingua galega, ademais de ser unha vía de promoción para que escritores galegos poidan chegar aos lectores.

O pasado mes de xuño Fundación Repsol e a Consellería de Cultura e Turismo asinaron o convenio para o desenvolvemento desta XIII edición en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O Premio Narrativa Breve Repsol conta tamén co apoio da Editorial Galaxia, a Real Academia Galega, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, ademais de importantes personalidades da cultura galega que cada ano forman o xurado para elixir a obra gañadora, e que nesta edición estivo representado por: Anxos Sumai, gañadora da II edición do Premio pola obra “Así nacen as baleas”; Carlos Lema, director de Edicións da Editorial Galaxia; Euloxio Rodríguez Ruibal, académico da Real Academia Galega; Berta Dávila, gañadora do Premio no 2013 pola súa obra “El último libro de Emma Olsen”; e Dolores Vilavedra Fernández, profesora de literatura galega na USC.

Ao longo das súas trece edicións o Premio Narrativa Breve Repsol foise consolidando como un certame de referencia no panorama das letras galegas, sendo preto de 400 obras as que se presentaron ao concurso desde a súa creación.

O gañador

Gonzalo Hermo, (Taragoña, Rianxo, 1987) é licenciado en Filoloxía galega e doutor en Lingüística. Impartiu docencia na Universidade de Santiago de Compostela e na Autónoma de Barcelona.

Actualmente vive en Barcelona, onde traballa como autónomo no sector editorial e é profesor de escritura creativa da Escola de Lletres.

Hermo publicou tres libros de poemas: “Crac” (Barbantesa, 2011); “Celebración” (Apiario, 2014) editado en catalán por Godall Edicions e en castelán por Lana Bella Varsovia; e “A vida salvaxe” (Pen Club Galicia, 2018).

Entre outros recoñecementos, gañou o Premio da Crítica en 2014, o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Nova “Miguel Hernández” en 2015 e o Premio de Poesía Afundación 2018.