Saltar al contenido

A refinería e Fundación Repsol lanzan unha nova convocatoria de axudas a proxectos sociais

  • Os proxectos que opten á convocatoria deberán ser de carácter local e estar dirixidos a colectivos vulnerables, discapacidade e dependencia.
  • Esta iniciativa de Fundación Repsol e a refinería súmase aos 65 proxectos sociais, culturais, educativos e deportivos promovidos por Repsol ao longo do ano na contorna do Complexo Industrial.
Nota de Prensa
PDF 48 KB Descargar documento
Manos unidas

Fundación Repsol e a refinería poñen en marcha unha nova convocatoria de axudas para proxectos sociais que se desenvolvan na contorna da Coruña. Esta convocatoria, na que se repartirán 18.000 euros de axudas, enmárcase no compromiso de Repsol de contribuír ao benestar da sociedade, mellorar a calidade de vida das persoas e lograr un maior desenvolvemento social, educativo, ambiental e cultural.

Os proxectos que opten á convocatoria deberán ser de carácter local e executarse a partir de decembro de 2019, prestando atención ás seguintes liñas de actuación prioritarias:

Colectivos vulnerables: que favorezan a promoción e desenvolvemento integral das persoas en situación de pobreza e vulnerabilidade, contribuíndo á igualdade de oportunidades e a inserción social; promoción do desenvolvemento social e educativo de nenos e mozos de familias en situación de pobreza; proxectos de apoio escolar para estes colectivos e de lecer infantil; así como de atención a necesidades básicas, ou promoción de hábitos saudables e mellora na calidade de vida.
Discapacidade e dependencia: que teñan como obxectivo promover a calidade de vida das persoas con discapacidade, lecer inclusivo e desenvolvemento psicosocial deste colectivo.

As entidades que soliciten estas axudas deberán estar constituídas legalmente como entidades sen ánimo de lucro e contar con polo menos un ano completo de traballo continuado, entre outros requisitos.

O prazo de presentación de candidaturas finaliza o 15 de outubro de 2019 e as entidades interesadas deberán enviar toda a documentación a través do correo electrónico repsolpetroleocoruna@repsol.com.

As bases da convocatoria poden consultarse na web da refinería e en fundacionrepsol.com , onde en novembro publicarase a lista dos proxectos elixidos.


Consulta as bases legais da convocatoria |PDF| 199 KB

Comprometidos coa contorna

Esta iniciativa de Fundación Repsol e a refinería súmase ao resto de proxectos promovidos por Repsol ao longo do ano na contorna do Complexo Industrial.

Neste 2019 a refinería estivo presente en 65 proxectos de entidades locais, dos que un 45% son proxectos sociais, un 29% educativos, un 14% culturais e un 12% deportivos.