Saltar al contenido
Xornadas do Motor de Repsol

Repsol achega en Arteixo a súa paixón polo motor e os seus 50 anos na alta competición

  • Do 5 ao 9 de novembro o municipio arteixán converterase no epicentro do mundo do motor para acoller exposicións, charlas, actividades de formación e de lecer.
  • Preto de 450 alumnos e 80 profesores van participar en diversas actividades da man de profesionais das áreas de mobilidade, competición, innovación, transición enerxética e medio ambiente.
  • As xornadas tamén contarán con contidos para o público en xeral como son a exposición sobre os 50 anos de patrocinio de Repsol dentro da alta competición e o Repsol Racing Tour.
  • O sábado celebraranse actividades para grandes e pequenos no Campo da Festa e un roteiro moteiro.
Nota de Prensa
PDF 200 KB Descargar documento
El director de la refinería de Repsol en A Coruña Javier Sancho, el alcalde de Arteixo Carlos Calvelo y el piloto del Repsol Rally Team Isidre Esteve posan para una foto en las jornadas del motor de Arteixo

A refinería de Repsol celebra do 5 ao 9 de novembro as súas xornadas do motor baixo o lema a “A paixón que nos move” e dirixidas a estudantes e docentes de automoción, profesionais do sector, afeccionados e público en xeral.

Durante unha semana o municipio arteixán converterase no epicentro do mundo do motor para acoller exposicións, charlas, actividades de formación e de lecer coas que Repsol quere compartir a súa paixón polo mundo do motor.

Esta mañá, o director da refinería de Repsol, Javier Sancho, xunto ao alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, e o piloto de Repsol Rally Team, Isidre Esteve, inauguraron estas xornadas que comezan hoxe pola tarde no Centro Cívico de Arteixo cunha charla coloquio na que Esteve trasladará ao público asistente a súa historia de superación e logros deportivos.

Durante a xornada de mañá ata o venres 8 de novembro celebrásense no Centro Tecnolóxico de Arteixo as xornadas formativas. Preto de 450 alumnos de FP de carrocería, electromecánica, automoción e mantemento de vehículos da provincia e 80 profesores de Galicia van participar en diversas actividades da man dos mellores expertos en áreas de actualidade como son a mobilidade, a competición, innovación, transición enerxética e medio ambiente.

Estas xornadas contarán con profesionais, como Santiago Maroto, do Repsol Technology Lab; Fernando López de las Heras, que achegará aos estudantes e profesores ao mundo do autogas de Repsol; Ana Nieto, científica experta en carburantes e lubricantes que falará sobre transición enerxética e medio ambiente, Isabel López Rivadulla, da empresa Signus, será o exemplo de economía circular coa reciclaxe de pneumáticos; Kike López, coordinador da Monlau Repsol Technical School, compartirá a súa experiencia na mecánica de competición; e Florenci Caso, de Pirelli, falará ao profesorado sobre “Pneumáticos, competición e innovación”.

A parte formativa complétase coa experiencia do Grupo Regueira, que achegará os retos tecnolóxicos presentes e futuros aos que se enfronta a automoción na actualidade tanto con relatorio como con talleres diarios para alumnos. Desde a Fundación Jorge Jove farase un “Percorrido histórico pola automoción” coa visita dos docentes ao seu museo en Arteixo e a charla de Ramón Roca aos estudantes. Ademais, todos os participantes nas xornadas formativas poderán visitar o Repsol Racing Tour e o camión box da escuadra YaCar Cros que inclúe ademais de equipamento mecánico, varios coches prototipos de competición.

50 anos na alta competición

As xornadas do Motor de Repsol tamén contarán con contidos para o público en xeral. Repsol achegará os seus 50 anos de patrocinio dentro da alta competición de motor cunha exposición que repasa os momentos máis inesquecibles durante estes anos e que se poderá visitar no Centro Tecnolóixico. Ademais poderanse ver catro motos míticas, como a de Ángel Nieto de 50 cc, do ano 1971; a KTM coa que Marc Coma competiu no Dakar, a Fonda de Moto GP do 40 aniversario e a de trial coa que competiu Toni Bou en 2008.

Dentro desta traxectoria tampouco pode faltar o Repsol Racing Tour, unha exposición con elementos interactivos, realidade virtual, exposición de obxectos históricos, contidos audiovisuais, multimedia, etc. e que conta coa moto coa que Marc Márquez gañou o Mundial de MotoGP no ano 2017.

O sábado 9 pola mañá terá lugar o final destas xornadas con actividades para grandes e pequenos no Campo da Festa de Arteixo e unha concentración moteira organizada polo Club moteiro local Os Abelurios, que sortearán dúas entradas para o Gran Premio de MotoGP de Valencia entre os participantes no roteiro.