Empregamos cookies propias e de terceiros con fins publicitarios para mellorar a túa experiencia de usuario. Se continúas, consideraremos que coñeces a nosa Política de Cookies e que estás de acordo co seu emprego.
Aceptar.
Saltar al contenido

Repsol destina 69 millóns de euros a catro proxectos de medio ambiente, eficiencia enerxética e calidade na refinería

  • A refinería iniciará a execución do proxecto G-55 que consiste na instalación dunha nova unidade de destilación de propileno grao polímero.
  • Os proxectos G-52, G-53 e G-54 desenvolveranse durante 2020 e achegarán unha maior eficiencia enerxética e melloras ambientais nos procesos da refinería coruñesa.
  • O complexo industrial obtivo as licenzas correspondentes do Concello de Arteixo para poder levar a cabo os traballos na súa área de Conversión.
Nota de Prensa
PDF 95 KB Descargar documento
Vista de la refineria de A Coruña

Repsol investirá 69 millóns de euros en catro proxectos que teñen como obxectivos a mellora da calidade, a eficiencia enerxética e ambiental nos procesos da refinería da Coruña. Os proxectos G-52, G-53 e G-54 reducirán emisións de CO2 e partículas, mentres que o G-55 aumentará a competitividade do complexo coruñés coa construción dunha nova unidade de propileno.

A refinería acaba de obter as licenzas correspondentes do Concello de Arteixo para poder levar a cabo os traballos destes proxectos na súa área de Conversión, que se executarán principalmente durante o próximo ano.

Proxectos G-52, 53 e 54

A unidade de FCC (Craqueo Catalítico Fluído) serve para transformar gasoil e outros compoñentes procedentes da destilación atmosférica en produtos máis lixeiros de maior calidade para a elaboración final de combustibles. Nesta planta desenvolvésense estes tres proxectos, aos que se destinarán 40 millóns de euros e que no caso do G-54, alcanza tamén a unha unidade de recuperación de gases.

O G-52 conseguirá unha mellora da súa eficiencia enerxética coa introdución de novos equipos e modificación dos existentes. Este proxecto permitirá un aforro de combustible e reducirá as súas emisións de CO2 máis de 6.100 t/ano.

Doutra banda, o G-53 é un proxecto de mellora de calidade do aire que ten como obxectivo reducir as emisións de partículas á atmosfera da unidade de FCC, realizando melloras tecnolóxicas na planta e adaptándoa á última normativa europea existente.

Á vez que se realicen estes dous proxectos durante a parada de mantemento de principios de 2020, na unidade de FCC e na de recuperación de gases3 ademais levará a cabo o proxecto G-54. Este consistirá na instalación dun único novo compresor máis eficiente na unidade de recuperación de gases e a substitución de turbinas de vapor por motores eléctricos. Deste xeito, conseguirase unha redución de emisións de CO2 de 12.506 t/ano.

Nueva unidad de propileno

A refinería tamén desenvolverá o proxecto G-55, que supoñerá un investimento por parte da compañía de 29 millóns de euros, que consiste nunha instalación que terá unha nova columna de destilación de propileno. Para a localización desta nova columna ou splitter que medirá preto de 80 metros de altura, desmantelarase proximamente unha zona dunha antiga unidade e executaranse as novas obras en 2020. Está prevista a súa posta en marcha a finais do próximo ano.

O obxectivo deste proxecto é aumentar a produción do propileno da Refinería en 21.000 toneladas/ano e revalorizalo cun aumento da súa calidade en pureza. O propileno grao polímero é utilizado na industria química como materia prima para a elaboración de polipropileno que serve como base para a fabricación dunha gran variedade de produtos habituais na vida cotiá, tales como embalaxes, industria téxtil, papelería, envases, etc…

Aposta polo futuro

Todos estes proxectos son un exemplo máis de aposta de futuro de Repsol pola refinería coruñesa para a mellora da súa competitividade, así como a aposta polo medio ambiente e a eficiencia enerxética, aos que se suman os traballos realizados na última parada de mantemento cun orzamento de 60 millóns de euros e o proxecto do traslado de cru ao Porto exterior cun investimento de 126 millóns.