Saltar al contenido

Repsol e a federación de persoas xordas renovan o seu convenio para a integración laboral

  • A refinería e a FAXPG asinan a renovación do seu acordo, que naceu en 2016, para o financiamento de prácticas non laborais en empresas para persoas xordas e/ou con discapacidade auditiva e desempregadas.
  • Esta iniciativa enmárcase dentro da liña de acción social de Repsol co obxectivo de fomentar a inserción laboral deste colectivo.
Nota de Prensa
PDF 33 KB Descargar documento
Acto de renovación del convenio de Repsol con la Federación de personas sordas de galicia

O director da refinería de Repsol na Coruña, Javier Sancho, e o presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), Iker Sertucha, renovaron esta mañá o convenio de colaboración que permite o financiamento de prácticas non laborais en empresas para persoas xordas e/ou con discapacidade auditiva e desempregadas sen ocupación.

Esta iniciativa enmárcase dentro da liña de acción social de Repsol, e o seu desenvolvemento está enfocado principalmente á cualificación específica e á inserción laboral, nun colectivo especialmente vulnerable, que presentan unhas taxas de inactividade en torno ao 65% en Galicia. O desemprego afecta principalmente aos mozos, con independencia do seu nivel de cualificación profesional, que non teñen experiencia laboral e aos maiores de 40 anos que proveñen de sectores en declive, por exemplo a construción ou a automoción, sen formación acreditada.

O novo programa inclúe información, orientación e asesoramento para o desenvolvemento dun itinerario personalizado de inserción, formación básica en habilidades prelaborais e laborais, así como a xestión e seguimento de prácticas non laborais en empresas, de 2 meses de duración.

Esta colaboración que ambas as entidades manteñen desde o 2016 conseguiu nas súas anteriores edicións moi bos resultados. Todos os participantes foron cualificados con excelentes valoracións polas empresas colaboradoras e o pasado ano, o 90% dos beneficiados conseguiron ser contratados, despois de ser desempregados de longa duración.