Empregamos cookies propias e de terceiros con fins publicitarios para mellorar a túa experiencia de usuario. Se continúas, consideraremos que coñeces a nosa Política de Cookies e que estás de acordo co seu emprego.
Aceptar.
Saltar al contenido

Repsol e o Proxecto Enki celebran unha xornada inclusiva na refinería

Deportistas do equipo Enki achegaron as súas historias de superación e as súas experiencias co deporte nunha charla-coloquio cos empregados. A continuación todos os asistentes puideron participar na experiencia “Ponche no meu lugar”.
Nota de Prensa
PDF 141 KB Descargar documento

A refinería de Repsol e o Proxecto Enki de Fundación Abrente celebraron esta mañá unha xornada inclusiva nas instalacións do complexo industrial, xunto a deportistas con diversidade funcional do equipo Enki e empregados de Repsol.

A xornada consistiu nunha charla-coloquio sobre deporte adaptado, na que os deportistas achegaron a súa historia de superación e a súa experiencia co deporte. Entre eles atopábanse, Ángel López Fernández, participante en numerosas probas de tríatlon; Alejandro González Pernas, que realiza atletismo, handbike e competiu en remo adaptado; Daniel Prada García e Javier Carballeira Cerdán, xogadores de tenis e pádel adaptado, que tamén adestran atletismo e ciclismo; e Eva Ramil, nai do mozo deportista, Pedro Vázquez Ramíl, participante no campionato da Federación Galega de Deporte Adaptado.

A continuación todos os asistentes puideron participar na experiencia “Ponche no meu lugar”. Acompañados polo equipo Enki practicaron diferentes actividades de deporte adaptado como por exemplo: o fútbol a cegas, slalom en cadeira de rodas, handbike ou tenis en cadeira.

Colaboración co proxecto Enki

Esta xornada inclusiva forma parte do compromiso de Repsol co proxecto Enki, no que a refinería colabora desde o ano 2014 en diversas actuacións: o apoio á súa Carreira pola Integración, que este ano celebrará a súa sexta edición e na que se espera contar con 10.000 participantes, ou a realización do equipamento deportivo que os deportistas do equipo Enki utilizan nas diferentes competicións.