Empregamos cookies propias e de terceiros con fins publicitarios para mellorar a túa experiencia de usuario. Se continúas, consideraremos que coñeces a nosa Política de Cookies e que estás de acordo co seu emprego.
Aceptar.
Saltar al contenido

Repsol participa na XIX edición do Foro Tecnolóxico de Emprego da Universidade de Vigo

  • A través da área de Persoas e Organización da súa Refinería na Coruña, a empresa enerxética achega os valores Repsol aos estudantes co workshop “Comprometidos co teu futuro”.
Nota de Prensa
PDF 249 KB Descargar documento
Participantes del Foro Tecnológico de Empleo organizado por las delegaciones de alumnos de las Ingenierías en Telecomunicación, Industrial y de Minas y Energía de la Universidad de Vigo

A refinería de Repsol na Coruña participou esta mañá na XIX edición do Foro Tecnolóxico de Emprego organizado polas delegacións de alumnos das Enxeñerías en Telecomunicación, Industrial e de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. 

O evento que se celebrou no campus universitario os días 13, 14 e 15 de marzo ten como fin achegar o mundo laboral aos estudantes para que poidan atopar o emprego que buscan grazas á colaboración de diferentes empresas entre as que se inclúe Repsol. 

A través da área de Persoas e Organización da súa Refinería na Coruña, a empresa enerxética achega os valores Repsol aos estudantes co workshop “Comprometidos co teu futuro”. 

Con esta iniciativa, ademais de presentar a empresa, o persoal da Refinería ensina aos alumnos como acceder a un emprego no grupo Repsol. Para iso, realizaron unha dinámica de grupo entre os estudantes e déronlles pautas sobre como afrontar unha entrevista de traballo. 

Este tipo de talleres teñen un gran interese para o alumnado, xa que ofrecen a oportunidade dun trato máis próximo coa empresa e un intercambio fluído de ideas.