Empregamos cookies propias e de terceiros con fins publicitarios para mellorar a túa experiencia de usuario. Se continúas, consideraremos que coñeces a nosa Política de Cookies e que estás de acordo co seu emprego.
Aceptar.
Saltar al contenido

Repsol participa na Xornada de Formación Dual da Cámara de Comercio da Coruña

  • A refinería da Coruña acolle nas súas instalacións o ciclo de Química Industrial Dual, programa pioneiro na área da Coruña, impulsado en 2013 xunto á Xunta de Galicia.
  • Máis de 500 alumnos de Química Industrial (ordinario, dual e FCT) realizaron 10.000 horas de formación na refinería nos últimos 10 anos.
Nota de Prensa
PDF 56,7 KB Descargar documento
Dácil Suárez, subdirectora de Personas y Organización de Repsol
Repsol participou como exemplo de experiencia de éxito empresarial na Xornada de Formación Profesional dual (FP dual), organizada esta mañá pola Cámara de Comercio da Coruña, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. 
Antonio Couceiro, presidente da Cámara, xunto a Mª Eugenia Pérez, subdirectora xeral de Formación Profesional, inauguraron esta xornada dirixida a representantes de centros educativos, así como a varias empresas interesadas nesta formación.
Dácil Suárez, subdirectora de Persoas e Organización de Repsol, deu a coñecer a todos os asistentes, os diferentes programas de FP e Formación Dual que a compañía promove a nivel nacional e local, sendo unha das empresas pioneiras en Galicia no impulso deste tipo de formación. Así mesmo interviñeron Nicolás Espasandín, asesor técnico da Subdirección Xeral de FP que debullou a estrutura da FP dual en Galicia; e José Ignacio Vila, xefe de estudos do IES Universidade Laboral de Culleredo, que contou a experiencia do centro. 
Actualmente a refinería da Coruña acolle nas súas instalacións a terceira promoción do ciclo de Química Industrial Dual, programa pioneiro na área da Coruña que foi creado en 2013 xunto á Xunta de Galicia. Esta FP dual permite a 15 alumnos do ciclo superior de Química Industrial, combinar durante dous anos a súa aprendizaxe no centro educativo IES A Sardiñeira e realizar 948 horas de formación remuneradas no complexo industrial.

A refinería e a FP

A refinería de Repsol conta cun 60% de traballadores que posúen estudos de FP o que reflicte a importancia deste tipo de formación para a empresa enerxética e o papel fundamental que xoga na inserción laboral dos mozos. 
Un total de 10.000 horas son as que suma a formación recibida polos preto de 500 alumnos de FP (réxime ordinario, dual e FCT-Formación no centro de traballo) que pasaron polas nosas instalacións nos últimos 10 anos, ampliando na refinería os seus coñecementos prácticos para o seu futuro profesional. 
Esta aposta do complexo industrial pola FP tivo o seu inicio impulsor en 2003 coa creación do Ciclo Superior de Operador de Planta Química, hoxe Química Industrial do IES A Sardiñeira da Coruña, no que os estudantes se han formado para ser operador, cuxas funcións na refinería son as de organizar e controlar a actividade nunha planta industrial, supervisar e controlar as distintas fases do proceso produtivo, así como o cumprimento das normas de calidade, seguridade e medio ambiente. 
Así mesmo no 2011, creouse xunto a Fundación Repsol o programa anual de bolsas para apoiar aos estudantes destacados con menos recursos, procedentes de centros da Coruña e Arteixo. Este programa abarca distintas familias de grao medio e superior, e ademais é inclusivo, xa que ten unha bolsa para persoas con discapacidade. Desde a súa creación entregáronse máis de 150 bolsas a estudantes da Coruña e Arteixo. 
Outra iniciativa de Repsol para apoiar a formación dos mozos é o programa de emprendemento en FP de Fundación Repsol, unha innovadora iniciativa que ten como obxectivo fomentar a cultura emprendedora e mellorar a empregabilidade dos estudantes de Formación Profesional. Distintos equipos guiados por voluntarios e profesionais realizan un proxecto emprendedor que tras varios meses de traballo expoñen a un xurado, que premia aos dous mellores equipos.