Saltar al contenido

Repsol patrocina por séptimos ano consecutivo a proba do campionato de España do autocross de Arteixo

  • Esta colaboración que nace no 2012 está enmarcada dentro do compromiso da refinería coa súa contorna máis próxima e de Repsol cos deportes do motor.
Nota de Prensa
PDF 32 KB Descargar documento

A refinería de Repsol patrocina por sétimo ano consecutivo a proba do Campionato de España do Autocross de Arteixo, un evento deportivo referente no mundo do automobilismo que se disputará esta fin de semana no circuíto José Ramón Losada.

Esta mañá celebrouse no Concello de Arteixo a presentación da XXIV edición que contou coa presenza do alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, a directora de Produción da refinería de Repsol, Natalia Barreiro, e o presidente do Autocross de Arteixo, José Manuel Castro. Entre os asistentes tamén se atopaban algúns dos pilotos que competirán esta fin de semana nas distintas categorías.

Durante a súa intervención Natalia Barreiro quixo destacar o extraordinario labor que realiza o equipo humano que conforma o Autocross, que desde a súa creación en 1982, conseguiu converter o circuíto José Ramón Losada nun punto de referencia do automobilismo nacional, que atrae a máis de 10.000 persoas cada ano.

Este ano serán 136 os pilotos que participen nesta proba deportiva que a refinería de Repsol apoia desde o 2012 dentro do seu compromiso coa súa contorna máis próxima e os deportes de motor.