Saltar al contenido

Repsol realiza un simulacro xeral en na refinería con novos medios de extinción

  • Este exercicio serve para comprobar o funcionamento de distintos aspectos dos protocolos de seguridade e emerxencia da refinería e a coordinación de comunicacións co 112.
  • O simulacro contou con dous novos módulos de extinción patentados recentemente polo departamento de Seguridade Industrial da refinería.
  • O complexo industrial realiza durante todo o ano unha decena de exercicios de simulación de emerxencia, dentro da súa Política de Seguridade.
Nota de Prensa
PDF 139 KB Descargar documento

A refinería de Repsol na Coruña realizou esta mañá un simulacro de emerxencia xeral nas súas instalacións, que contou coa participación dos empregados do complexo industrial e a central de emerxencias do 112.

Este simulacro, ten como obxecto ser un adestramento de todo o persoal ante unha posible emerxencia, ademais de comprobar o funcionamento dos protocolos e medios dispoñibles, así como a coordinación de comunicacións con axentes externos para poder detectar posibles áreas de mellora.

Nesta ocasión, recreouse unha emerxencia simulada en dous tanques de almacenamento, iniciada por un fenómeno meteorolóxico. O exercicio comezou ás 10:30 horas, con posterior activación das sirenas acústicas e a constitución do persoal da refinería en grupos de emerxencia, cada un deles con tarefas específicas de actuación. Sobre as 11.15 soaron por segunda vez as sirenas, simulando emerxencia xeral, e ás 12:00 volvéronse a activar as alarmas que marcan a fase de normalización e fin da emerxencia.


Proba dunha nova patente de extinción

O exercicio desta mañá, que se atopa dentro das prácticas habituais de seguridade do complexo industrial, contou con dous novos módulos de extinción patentados recentemente polo departamento de Seguridade Industrial da refinería coruñesa.


Cada un destes módulos conta con depósito de espumóxeno de 9.500 litros e un caudal máximo de 34.283 litros por minuto (1.817 m3/ h), que o converte nun dos enxeños de maior capacidade de extinción do mundo. Ademais pode ser transportado mediante camións con brazo multilift de carga-descarga podendo ser operados encima do camión ou pousados no chan.

O módulo foi creado empregando solucións técnicas de construción naval e fabricado nun polímero especial con resistencia ao lume. Validouse o seu deseño e enxeñería cunha empresa especializada e o resultado cumpre todos os requisitos, contando cunha vida útil estimada de 30 anos.


A refinería e a seguridade

A refinería e a seguridade A seguridade de persoas e instalacións é o valor esencial na planificación, organización e desenvolvemento da actividade industrial de Repsol na Coruña.

Mostra diso, son as 20.000 horas de formación, tanto teórica como práctica, que todos os traballadores da refinería de Repsol realizan anualmente a través de distintos exercicios e simulacros en determinadas áreas, ou xerais, nos que se involucra toda a organización.