Saltar al contenido

Fundación Repsol e a Refinería entregan as bolsas de Formación Profesional

  • Outórganse 20 bolsas de 800 euros para alumnos que están a cursar os seus estudos de FP en centros educativos da Coruña e Arteixo.
  • Este ano recibíronse preto de 200 solicitudes, que se suman ás máis de 700 desde a súa creación.
  • O Programa de Bolsas FP de Fundación Repsol xunto á refinería nace en 2011 co obxectivo de apoiar e fomentar os estudos de Formación Profesional.
Nota de Prensa
PDF 134 KB Descargar documento
Acto de entrega de las becas de Formación Profesional

Fundación Repsol e a refinería da Coruña entregaron esta tarde nas instalacións do complexo industrial as súas Bolsas de Formación Profesional 2019-2020. En concreto, outorgáronse un total de 20 axudas de 800 euros para alumnos que están a cursar os seus estudos de FP en centros de ensino da Coruña e Arteixo, 15 están a cursar ciclos formativos de grao superior e 5 cursan ciclos formativos de grao medio.

Javier Sancho, director do complexo industrial de Repsol, presidiu o acto de entrega ao que asistiron case un centenar de persoas entre estudantes, familiares, docentes e directivos dos centros educativos.

O Programa de Bolsas FP de Fundación Repsol xunto á refinería nace no 2011 co obxectivo de apoiar e fomentar os estudos de Formación Profesional e caracterízase non só por premiar os resultados académicos senón que tamén ten en conta criterios económicos e persoais de cada estudante. Ademais, en liña co compromiso de Repsol e a súa Fundación coa integración social e laboral das persoas con capacidades diferentes, resérvase un 5% das bolsas para estudantes cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%.

Durante a súa intervención, Javier Sancho destacou que “as cifras de éxito de participación que estamos a ter en cada edición son un exemplo do importante papel que está a xogar a FP na nosa contorna como opción na preparación dos nosos mozos”. Este ano o Programa de Bolsas FP alcanzou as 192 solicitudes, que se suman ás máis de máis de 700 desde a súa creación. É dicir "desde a primeira edición otorgaronse bolsas a 155 alumnos".

Aposta pola FP

Para Repsol é fundamental o papel da FP no desenvolvemento formativo e na inserción laboral dos mozos. Por iso, ademais destas bolsas desde o complexo industrial coruñés promóvense numerosas iniciativas en colaboración con distintas institucións e entes públicos.

Esta aposta do complexo industrial pola FP tivo o seu inicio impulsor en 2003 coa creación do Ciclo Superior de Operador de Planta Química, hoxe Química Industrial do IES A Sardiñeira da Coruña, no que os estudantes formanse para ser operador. As súas funcións na refinería son as de organizar e controlar a actividade nunha planta industrial, supervisar e controlar as distintas fases do proceso produtivo, así como o cumprimento das normas de calidade, seguridade e medio ambiente.

Ademais un total de 10.000 horas son as que suma a formación recibida polos máis de 500 alumnos de FP (réxime ordinario, dual e FCT-Formación no centro de traballo) que pasaron polas instalacións nos últimos 10 anos, ampliando na refinería os seus coñecementos prácticos para o seu futuro profesional.