Saltar al contenido

Repsol aposta pola eficiencia enerxética para reducir o CO2 na refinería coruñesa

  • O complexo industrial inicia unha parada programada en catro unidades para levar a cabo traballos de mellora da eficiencia enerxética e de mantemento.
  • Repsol destina a estas operacións 20 millóns de euros, dos que 9 millóns empréganse en novos investimentos e 11 millóns en mantemento das unidades.
  • O proxecto máis destacado é a mellora da eficiencia enerxética da planta de Cru 1, que se traducirá nunha redución de 7.600 toneladas de CO2 ao ano.
  • Os traballos que se realizarán na área de combustibles son un exemplo do compromiso de Repsol coa competitividade e o futuro da súa refinería, que nos dous últimos anos suma un investimento de máis de 130 millóns de euros.
Nota de Prensa
PDF Descargar documento
Vista de las instalaciones de la refinería de A Coruña

A refinería de Repsol na Coruña inicia unha parada programada para levar a cabo actuacións de mellora da eficiencia enerxética e traballos de mantemento en catro unidades da súa área de combustibles. A parada levarase a cabo de forma graduada, tendo unha duración aproximada de sete semanas.

As unidades protagonistas serán Cru 1 (planta onde o cru fracciónase, por destilación, en distintos produtos); HDS 2 (desulfuradora para gasóleos comerciais); Aminas 3 (recupera o xofre retirado na desulfuradora) e PRA 3 (Planta de Recuperación de Xofre, onde se converte nun produto comercial). O resto das unidades da refinería funcionarán con normalidade.

A finalidade desta parada programada é mellorar a eficiencia enerxética e, como consecuencia, a redución das emisións de CO2 dos procesos da refinería coruñesa, que se atopa en plena transformación para converterse nun centro industrial con instalacións cero emisións netas para 2050.

Para cumprir este obxectivo, Repsol destina a esta parada 20 millóns de euros, dos cales 9 millóns empregaranse en 25 novos investimentos e 11 millóns, en mantemento das unidades.

Dous novos intercambiadores

O proxecto máis relevante da parada é o de mellora da eficiencia enerxética da planta de Cru 1, que se traducirá nunha redución de 7.600 toneladas de CO2 ao ano dunha das principais unidades da refinería. Para iso, realizaranse cambios na súa configuración que consisten en instalar dous novos intercambiadores de calor con tecnoloxía de placas. Ademais, levarán a cabo melloras no circuíto de diésel e na torre de destilación.

Este proxecto está orzado en máis de 3,3 millóns de euros, atópase enmarcado dentro do Plan Repsol 2021-2025 para a redución de emisións, e será cofinanciado polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional FEDER.

No resto de unidades realizaranse as inspeccións e reparacións de preto de 900 tubaxes, así como a execución de traballos de mantemento, que non poden levar a cabo coas unidades en servizo como son os cambios de precalentadores e catalizadores, reentubados ou reparacións de cámaras e caldeiras.

Características da parada

A denominación de parada programada refírese ao feito de que os distintos traballos de mantemento e investimentos non se poden levar a cabo coas unidades en servizo, razón pola que é necesario detelas para poder acometer os labores. As paradas programadas implican unha planificación exhaustiva, mesmo cun ano de antelación.

Nesta parada, ademais do persoal propio de Repsol, estímase que intervirán 500 persoas de media diaria, con puntas de traballo de ata 650 profesionais. Para levar a cabo o importante número de traballos, participarán 23 empresas auxiliares, no seu maior parte de ámbito local, o que reforza o compromiso da refinería como motor económico.

Ademais, o obxectivo prioritario de Repsol é que todos os traballadores realicen as actuacións coa máxima seguridade. Por esta razón, todas as persoas que participan na parada teñen obrigatoriamente que posuír uns requisitos de formación en seguridade, que ademais se reforzan con formación específica. Tamén se creou unha coordinación de seguridade formada por persoal propio, técnicos e persoal de prevención de empresas de servizos, que funcionará as 24 horas.

Por último, cabe destacar que unha parada conleva distintas etapas: proceso de parada da unidade, que dura varios días; execución de traballos con revisión programada e, por último, posta en marcha novamente das unidades.

Tanto na fase de parada das unidades como na fase final de posta en marcha, os procedementos operativos poden requirir o envío controlado e puntual aos fachos de excedentes de elementos gaseosos propios do proceso para a súa combustión. Por esta razón, en determinados momentos os fachos poderán ter unhas dimensións maiores das habituais, unha circunstancia normal nestas fases do proceso, que se realizan de forma totalmente controlada e segura./p>

Aposta polo futuro do complexo industrial

A parada programada na área de combustibles é un exemplo do compromiso de Repsol co futuro da refinería, abordando de maneira segura e eficaz novos retos, aprendizaxes e oportunidades que a van a permitir avanzar na transformación enerxética e seguir sendo referente industrial e motor económico da nosa contorna.

A refinería coruñesa ha investido nos dous últimos anos máis de 130 millóns de euros en melloras nas instalacións e iniciativas para a innovación. Estes investimentos contemplan a parada do pasado ano, cun orzamento de 64 millóns de euros para o desenvolvemento de tres grandes proxectos de redución de emisións de CO2 e de mellora aficiencia enerxética. Tamén inclúen a nova unidade de obtención de propileno grao polímero, con valor de 29 millóns de euros, e que se traduce nunha produción anual estimada de 81.000 toneladas

Doutra banda, Repsol segue no seu proceso de traslado dos tráficos de cru ao Porto Exterior de Langosteira, que concluirá en agosto de 2022. Trátase dunha dos principais investimentos comprometidos na actualidade por unha empresa industrial en Galicia, cun valor de 126 millóns de euros.

Ademais, a refinería de Repsol participará na Coruña Green Port, unha iniciativa impulsada pola Autoridade Portuaria e que xa foi presentada ao Goberno de España para optar aos fondos Next Generation da Unión Europea. Para a compañía “supoñen unha oportunidade para poñer en marcha proxectos pioneiros e acelerar o desenvolvemento de tecnoloxías crave na descarbonización da economía e o impulso da dixitalización”.

Neste contexto, o proxecto de transformación industrial da refinería coruñesa xira en torno ao incremento da produción de biocombustibles e outros produtos de menor pegada de carbono para os que son necesarias modificacións en unidades e implementación de novas tecnoloxías que permitirán reducir as emisións CO2.