Empregamos cookies propias e de terceiros con fins publicitarios para mellorar a túa experiencia de usuario. Se continúas, consideraremos que coñeces a nosa Política de Cookies e que estás de acordo co seu emprego.
Aceptar.
Saltar al contenido

Alumnos do IES Eusebio da Guarda visitan a refinería de Repsol na Coruña

Nota de Prensa
PDF Descargar documento

Un grupo de 25 alumnos de Bacharelato do IES Eusebio da Guarda da Coruña visitaron a refinería de Repsol dentro da materia de Tecnoloxía Industrial que están a cursar. 
Os alumnos puideron coñecer o interior das instalacións a través dun itinerario guiado. O percorrido incluía unha introdución e breve explicación da refinería e as súas funcións no seu auditorio e unha ruta pola planta industrial onde puideron ver as diferentes unidades do proceso produtivo. 
Desde a refinería queremos agradecer a estes estudantes e profesores que viñesen a visitarnos e destacar o gran interese que mostraron ao longo da súa visita para saber todos os detalles do noso traballo. 
A cita deste centro educativo forma parte do novo Programa de Visitas Guiadas que a refinería de Repsol dirixe a entidades educativas e profesionais da súa contorna e área de influencia co obxectivo de achegar e difundir a súa actividade que avala o compromiso coa seguridade, calidade e respecto ao medio ambiente de Repsol.