Saltar al contenido
Nova edición do programa de Fundación Repsol “Emprendemento en FP”

Formación en emprendemento e innovación para alumnos de FP

  • Fundación Repsol puxo en marcha unha nova convocatoria de Emprendemento en FP, un innovador programa de formación no que os alumnos de ciclo superior de Formación Profesional da Coruña aprenderán diferentes técnicas e terán o reto de deseñar un proxecto empresarial de base tecnolóxica.
Nota de Prensa
PDF 103 KB Descargar documento
Detalle de un globo de Fundación Repsol

A través desta iniciativa, Fundación Repsol ofrece aos alumnos participantes formación en temas como liderado, creatividade, comunicación ou lean startup. Ademais, guiados por profesores do seu centro de formación e voluntarios Repsol, empregados da compañía enerxética, aprenderán como deseñar un proxecto empresarial de base tecnolóxica.

Como peche do programa haberá un Demo Day para presentar todos os proxectos ante un xurado e os dous mellores traballos recibirán un premio.

Os alumnos e profesores de FP interesados en participar no programa xa poden inscribirse a través do formulario en fundacionrepsol.com. O 2 e 3 de outubro celebraranse varias charlas motivacionais para alumnos e profesores:

  • 2 de outubro, ás 10:30 h. na Universidade Laboral (Culleredo)
  • 2 de outubro, ás 13:30 h. no CIFP Someso (A Coruña)
  • 3 de outubro, ás 13:00 h. no CIFP Ánxel Casal-MA (A Coruña)
  • 3 de outubro, ás 10:30 h. no Centro Cívico Os Mallos (A Coruña)
La entrada es libre hasta completar aforo.