Saltar al contenido

Fundación Repsol colabora con once proxectos coruñeses dirixidos a persoas con discapacidade e colectivos vulnerables

Os proxectos desenvolveranse ao longo deste 2019 na contorna de actuación da refinería de Repsol e esta mañá membros das once entidades beneficiarias deron a coñecer as iniciativas a representantes, empregados do complexo industrial e voluntarios Repsol.
Nota de Prensa
PDF 295 KB Descargar documento
Representantes de los proyectos merecedores de la ayuda por parte de Fundación Repsol
Fundación Repsol colabora con once proxectos sociais coruñeses dirixidos a persoas con discapacidade e/ou colectivos en situación de vulnerabilidade aos que destina 15.000 euros.
As iniciativas que se desenvolverán ao longo deste 2019 na Coruña e Arteixo -ámbitos onde a refinería de Repsol desenvolve a súa actividade- foron presentadas esta mañá a representantes, empregados do complexo industrial e voluntarios Repsol.
Estas axudas enmárcanse dentro da convocatoria anual que Fundación Repsol dirixe a entidades sociais coruñesas desde o ano 2013, co obxectivo de contribuír ao benestar da sociedade, mellorar a calidade de vida das persoas e lograr un maior desenvolvemento social, educativo, ambiental e cultural, especialmente nas zonas onde a compañía está presente.
As entidades seleccionadas este ano son:
  1. ACLAD (Asociación Ciudadana de Lucha Contra la Droga de A Coruña)
  2. ASPERGA (Asociación Galega de Asperger)
  3. AVAN (Asociación de Voluntarios de Ayuda a Necesitados)
  4. Betania Jesús de Nazareno
  5. Cáritas Interparroquial Coruña
  6. Ecos do Sur
  7. Fundación Escoita
  8. Fundacion Hogar Santa Lucia
  9. Fundación Secretariado Gitano
  10. Tierra de Hombres
  11. Asociación West Galicia

Más información fundacionrepsol.com