Saltar al contenido

Fundación Repsol leva os talleres de Aprendenerxía a máis de 700 escolares da Coruña e Arteixo

Fundación Repsol lleva un año más sus talleres sobre energía a los centros escolares de A Coruña y Arteixo. Del 12 al 21 de marzo participan más de 700 alumnos de 6º de Primaria y 3º de ESO. A través de esta iniciativa lúdica y educativa, los niños y jóvenes conocen más en profundidad las diferentes fuentes de energía y toman conciencia de la necesidad de hacer un uso más responsable de los recursos energéticos.
PDF 158 KB Descargar documento
Niños participando en los talleres de Aprendenergía de Fundación Repsol

Unha ducia de centros educativos da Coruña e Arteixo acollen os talleres de Aprendenerxía, un proxecto de Fundación Repsol que nace co obxectivo de achegar aos máis novos o mundo da enerxía. 

Hoxe Javier Sancho, director da Refinería de Repsol na Coruña e Dácil Suárez, subdirectora de Persoas e Organización do Complexo Industrial, visitaron estes talleres no CEIP San Lence, compartindo a mañá cun grupo de alumnos de 6º de Primaria. 

As actividades están deseñadas para alumnos de 3º de ESO e 6º de Primaria e guiadas por monitores especializados. 

A través do xogo “O gran reto do mix enerxético” os alumnos adquiren diferentes roles, e mediante o debate, deben asegurar o abastecemento de enerxía en diferentes circunstancias, converténdose en xestores enerxéticos para conseguir unha cidade máis sustentable. 

Para lograr o seu reto, os participantes poden utilizar diferentes fontes de enerxía primaria, pero terán que ter en conta a dispoñibilidade de recursos, as emisións de CO2 e o custo económico. 

Con este xogo, coñecen as diferentes fontes de enerxía, achéganse aos procesos de transformación e comprenden o valor e a importancia das diferentes enerxías. En todo momento están acompañados polos monitores, que lles axudan resolvendo todas as súas dúbidas. 

A outra actividade é a “Gymkana da enerxía”, na que os estudantes, organizados en equipos, deben colaborar para superar divertidas probas, adaptadas ás diferentes idades dos participantes, nas que deberán demostrar as súas habilidades e coñecementos sobre enerxía e sustentabilidade. 

Ademais, os días 22 e 23 de marzo, Fundación Repsol estará presente cos seus talleres na Feira da Enerxía de Silleda, ofrecendo aos escolares participar no xogo “O gran reto do mix enerxético”. 

Estes talleres enmárcanse no programa Aprendenerxía, de Fundación Repsol, orientado a divulgar temas sobre enerxía entre os máis novos, concienciando ás futuras xeracións sobre a importancia de facer un uso máis responsable dos recursos enerxéticos para lograr un mundo máis sustentable. 


Máis información www.fundacionrepsol.com