Saltar al contenido

Primeira edición de Emprendemento en FP na Coruña Fundación Repsol premia o proxecto máis innovador de alumnos de FP

O  proxecto CROWD SOLVING, deseñado por 4 alumnos de Formación Profesional dos CENTROS URBANO LUGRÍS E FERNANDO WIRTZ SUÁREZ, co apoio dos seus profesores e o asesoramento de voluntarios Repsol, foi o gañador da primeira edición do programa Emprendemento en FP de Fundación Repsol.
PDF 157 KB Descargar documento
Ganadores del Demo Day en A Coruña
O premio entregouse no marco do Demo Day, un evento que pon fin á primeira edición de Emprendemento en FP na Coruña, un innovador programa posto en marcha por Fundación Repsol co obxectivo de fomentar a cultura emprendedora e mellorar a empleabilidad dos estudantes de Formación Profesional (FP). 
Durante o evento, que se celebrou na Refinería de Repsol na Coruña, os 13 equipos participantes expuxeron os seus proxectos ante o xurado, que valorou a creatividade e valor da proposta, o plan de traballo, a viabilidade, o compromiso social e a exposición realizada polos alumnos. 
O gañador foi o proxecto Crowd Solving, desenvolvido polos alumnos de FP dos centros Urbano Lugrís e Fernando Wirtz Suárez, co apoio dos seus profesores, voluntarios Repsol e mentores de secot. Este equipo propón unha plataforma de conexión estudantes-empresas para a resolución de problemas e retos.
Ademais, asistiron á presentación Manuel Corredoira López, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia; Ignacio Egea Krauel, vicepresidente de Fundación Repsol e Javier Sancho, director da Refinería de Repsol na Coruña.

Catro meses de traballo

A primeira edición de Emprendemento en FP na Coruña lanzouse en novembro de 2017 e tras unha rolda de hackatones, finalmente uníronse ao proxecto 53 alumnos e 13 profesores de FP pertencentes a 8 centros educativos (IES Urbano Lugris, IES Ramón Menéndez Pidal-Zalaeta, IES Fernando Wirtz Suárez, CIFP Someso, IES A Sardiñeira, IES Calvo Sotelo, CIFP Ánxel Casal- MA e IES Universidade Laboral). 

Tras recibir formación especializada, os propios alumnos lideraron os seus equipos, que recibiron tamén o asesoramento de profesores de FP, voluntarios Repsol e mentores de Secot

Durante a fase de ideación, os 13 equipos tiveron que decidir o seu proxecto, validalo e aprender a comunicalo. Para iso recibiron tamén formación a cargo de expertos. 

A través desta iniciativa, Fundación Repsol ofrece aos alumnos participantes formación en temas como liderado, creatividade, comunicación ou lean startup. Na organización desta iniciativa cóntase coa colaboración de Cise (Centro Internacional Santander Emprendemento). 

Ademais de na Coruña, este proxecto desenvolveuse paralelamente en Cidade Real, Región de Murcia e Tarragona, involucrando a 190 alumnos e 35 profesores de 24 centros de FP, que contaron co apoio de 28 voluntarios Repsol e mentores de Secot. 


Máis información www.fundacionrepsol.com