Saltar al contenido

Fundación Repsol visita varios centros educativos galegos no marco da súa colaboración con Axuda en Acción

  • Fundación Repsol colabora co programa Aquí tamén de Axuda en Acción que loita contra a pobreza infantil en España
  • O programa Aquí tamén chega a 11.000 nenos, nenas e adolescentes en 87 centros escolares de 11 comunidades autónomas en España
  • Ignacio Egea, Vicepresidente de Fundación Repsol, visitou tres dos centros educativos que apoia Axuda en Acción en Galicia nas localidades da Coruña, Meicende e Monfero. Tamén asistiu á visita Javier Sancho, Director da Refinería da Coruña.
PDF 50 KB Descargar documento
Integrantes de Repsol en Acción visitan centro educativo

Ignacio Egea, Vicepresidente de Fundación Repsol, visitou esta ao longo do día de hoxe varios centros educativos aos que apoia a Fundación en Galicia. Fundación Repsol contribúe á sustentabilidade do programa Aquí tamén de Ayuda en Acción, co obxectivo de dar apoio á infancia e familias, que viven en condicións de vulnerabilidade e en risco de exclusión en España

A visita comezou ás 9 da mañá no centro escolar de Meicende, Ao mediodía a comitiva trasladouse ata A Coruña para percorrer as instalacións doutro centro educativo e o itinerario finalizou en Monfero, onde os alumnos e alumnas mantiveron un diálogo cos representantes de Fundación Repsol e de Axuda en Acción.

Actualmente, a colaboración de Fundación Repsol consiste en cubrir de libros de texto e material escolar, bolsas de comedor, merendas saudables de media mañá e excursións e saídas culturais para alumnado de distintos centros educativos da Coruña, Meicende e Monfero que forman parte do programa Aquí tamén de Axuda en Acción. Estas axudas promoven a igualdade de oportunidades de nenos, nenas, novas e familias en risco de exclusión e contribúen ao normal desenvolvemento educativo e social do alumnado.

Así mesmo, dentro deste programa, Fundación Repsol apoia proxectos de innovación educativa nos centros educativos galegos, como o teatro, talleres de radio, un horto escolar e ferramentas online que melloran as habilidades lingüísticas e matemáticas do alumnado (Smartick e Glifing), así como as formacións realizadas na Escola de Pais e Nais dun centro educativo. Estas iniciativas melloran as habilidades do alumnado, a súa cohesión social, desenvolvemento educativo e contribúen á redución da desafección escolar e consecuentemente á súa permanencia no sistema educativo.

Ignacio Egea estivo acompañado pola Directora da área Social e Voluntariado de Fundación, Lola Zamarra, polo Director da Refinería da Coruña, Javier Sancho e pola Directora de Relacións Institucionais de Axuda en Acción, Marta Marañón.

Fundación Repsol

Fundación Repsol traballa para contribuír ao benestar da sociedade, mellorar a calidade de vida das persoas e promover a un maior desenvolvemento social, ambiental e cultural da sociedade no seu conxunto, actuando especialmente nas zonas onde a Compañía está presente. Un dos principais compromisos da Fundación é o da integración de persoas en situación de vulnerabilidade e/ou con discapacidade. Oras liñas de actuación son o apoio ao talento, o emprendemento e a innovación, así como a divulgación en materia de enerxía. Ademais, desenvolve o Programa de Voluntarios Repsol ofrecendo un amplo abanico de actividades.

Axuda en Acción

Axuda en Acción traballa desde hai 37 anos para erradicar a pobreza e as desigualdades, contribuíndo a mellorar a alimentación, saúde e educación de case dous millóns e medio de nenos e nenas e as súas familias. A día de hoxe, actúa en 19 países de América Latina, África, Asia e desde fai cinco anos Aquí tamén, en España. Axuda en Acción traballa desde hai 37 anos para erradicar a pobreza e as desigualdades, contribuíndo a mellorar a alimentación, saúde e educación de case dous millóns e medio de nenos e nenas e as súas familias. A día de hoxe, actúa en 18 países de América Latina, África, Asia e desde fai cinco anos Aquí tamén, en España, para paliar a pobreza infantil no noso país. En España traballamos no marco dos centros educativos, apoiamos ás familias que se atopan en risco de exclusión social, para poder atender as necesidades básicas dos nenos e nenas con dificultades e facilitar a súa integración.

Aquí tamén

É o programa de apoio á infancia, e as súas familias, en risco de exclusión, que Axuda en Acción leva a cabo en España. A través dos centros educativos traballa para cubrir o acceso ás necesidades básicas da infancia e adolescencia facilitando bolsas de alimentación, formación en hábitos saudables, dotación de material escolar, actividades extraescolares e innovación educativa, entre outros, co obxectivo de conseguir a igualdade de oportunidades e facilitar a cohesión social. No presente curso 2017/2018 esta iniciativa beneficia a máis de 10.700 nenos, nenas e mozas en 87 centros educativos de 11 Comunidades Autónomas.