Empregamos cookies propias e de terceiros con fins publicitarios para mellorar a túa experiencia de usuario. Se continúas, consideraremos que coñeces a nosa Política de Cookies e que estás de acordo co seu emprego.
Aceptar.
Saltar al contenido

Fundación Repsol e a Refinería lanzan unha nova convocatoria de Becas de Formación Profesional

  • Fundación Repsol, en colaboración coa Refinería da Coruña, poñen en marcha unha nova convocatoria de bolsas para alumnos de Formación Profesional de centros educativos da Coruña e Arteixo. No curso 2019-2020 concederanse un total de 20 axudas que os interesados poderán solicitar ata o 16 de outubro a través da web becasfp.fundacionrepsol.com.
Nota de Prensa
PDF 206 KB Descargar documento

Este programa de bolsas de formación Profesional (FP) é unha iniciativa de Fundación Repsol, en colaboración cos complexos industriais de Repsol e Petronor, co obxectivo de promover e facilitar a FP como unha opción educativa, mellorando así a capacidade para acceder a un emprego dos mozos.

Na contorna da Coruña e Arteixo concederanse vinte bolsas, das cales cinco se destinan para Ciclos Formativos de Grao Medio ( CFGM) e quince para os Ciclos Formativos de Grao Superior ( CFGS), cunha contía de 800 euros cada unha. Así mesmo, o mellor estudante bolseiro de GFGM e o mellor de GFGS, recibirán un bonus especial de 300 euros en outubro de 2020, como recoñecemento ao seu esforzo.

Este programa esténdese ademais a outras localidades da contorna de Cartaxena, Puertollano, Tarragona e Biscaia, concedéndose un total de 100 bolsas a estudantes de Formación Profesional (25% para CFGM e 75% para CFGS).

Poden acceder ás bolsas aqueles alumnos que cursen estudos de Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior das seguintes áreas: Electricidade/Electrónica, Fabricación mecánica, Instalacións e mantemento, Edificación e obra civil, Enerxía e auga, Química, Informática e comunicacións, Administración e xestión, Comercio e marketing, Sanidade e Seguridade e medio ambiente. Os estudantes beneficiarios da bolsa o curso pasado, tamén poden optar a renovación, para o que terán que inscribirse de novo nesta convocatoria.

Ademais, de acordo ao compromiso de Repsol e a Fundación coa integración social e laboral das persoas con discapacidade, un 10% das prazas resérvanse para estes estudantes.