As nosas instalacións emprázanse entre os municipios da Coruña e Arteixo. Está situada en dous vales (Nostián e Bens). O porto petroleiro, que denominamos Terminal Marítimo, é onde atracan os barcos que traen cru e os que se levan produtos xa elaborados. Actualmente está no Porto da Coruña.
Durante máis de 50 anos a refinaría estivo ligada á cidade da Coruña, e á área metropolitana, e creceu con ela até chegar a ser o referente de calidade que é actualmente.
O noso obxectivo en Repsol é establecer un fornezo de enerxía cada vez máis seguro, sustentábel e competitivo. Para iso, aplicamos a innovación nas nosas técnicas e equipos xa que é un elemento fundamental da estratexia.
Na Refinería de Repsol na Coruña levamos anos realizando investimentos con obxecto de incrementar a eficiencia enerxética da planta e avanzar na redución de emisións, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 e os plans de descarbonización de ser unha compañía cero emisións netas en 2050.
No Complexo Industrial da Coruña levamos máis de 50 anos crecendo a carón da nosa comunidade. Descubre as diferentes fases polas que pasou no complexo na súa historia, a súas instalacións, o proceso produtivo e as preguntas máis frecuentes.
A peza máis importante do complexo son os nosos traballadores. Descubre os diferentes profesionais que a compoñen.
Detrás das grandes cifras de produción e a magnitude das instalacións do complexo da Coruña, está o factor máis importante de todos: as persoas. Descubre que necesitas para formar parte do noso equipo e que oportunidades che ofrecemos.
A planificación, a organización e o desenvolvemento da actividade industrial na nosa refinaría teñen como base a seguridade de todas as persoas e instalacións. O noso compromiso con este concepto é absoluto, e para facelo realidade investimos catro millóns de euros ao ano só en seguridade.
Somos a primeira refinaría de Repsol que acadou a Autorización Ambiental Integrada, que establece o marco legal, os valores e requirimentos ambientais de aplicación, de forma que se garanta unha operación sostible.
En Repsol estamos promovendo unha estratexia de economía circular que busca a eficiencia operativa, a redución do impacto ambiental, a anticipación da regulación ea busca de fontes alternativas competitivas.
O desenvolvemento sostible posibilita o equilibrio entre os recursos naturais e o impacto ambiental producido pola acción do home. Descubre as actividades que levamos a cabo e que demostran o noso compromiso coa seguridade e o medio ambiente.
Na refinaría da Coruña mantemos un firme compromiso coa nosa contorna, onde desenvolvemos a osa actividade dende 1964. Con este vínculo referímonos a unha responsabilidade que vai moito máis aló do noso papel como motor económico e laboral.
Talleres, espectáculos e actividades de lecer educativo para nenos e familias, coas que Repsol e a súa Fundación contribúen á divulgación da ciencia e a enerxía.
O obxectivo desta iniciativa cultural é impulsar e reforzar a creación de literatura en lingua galega, ademais de ser unha vía de promoción para que escritores galegos poidan chegar aos lectores.
Talleres, espectáculos e actividades de lecer educativo para nenos e familias, coas que Repsol e a súa Fundación contribúen á divulgación da ciencia e a enerxía.
En el Complejo Industrial de A Coruña seguimos manteniendo nuestro compromiso con nuestro entorno y comunidad, tanto en el aspecto económico y laboral, como en el social, educativo, deportivo y cultural. conoce las diferentes actividades en las que participamos.