Saltar al contenido

Máis de 3.200 persoas participaron na VII edición de esta proba deportiva A Refinería colabora na carreira “En marcha contra o cancro” da Coruña

PDF 230 KB Descargar documento
Detalle de los pies de corredores

A refinería de Repsol na Coruña colaborou un ano máis coa Asociacion Española Contra o Cancro para a celebración da carreira “En marcha contra o cancro” que tivo lugar na mañá de onte na cidade herculina. 

Máis de 3.200 persoas participaron nesta última edición que contou con diferentes categorías: carreira absoluta de 6.450 metros, marcha popular cun percorrido de 4.500 metros e carreira segundo as categorías de idade (xuvenil, cadete, infantil, alevín, benxamín, pre- benxamin).

Jesús Dovale, subdirector de Seguridade, Calidade e Medio Ambiente da Refinería de Repsol, foi o encargado co resto de patrocinadores e colaboradores de entregar varios dos numerosos premios que a Organización tiña preparados para os gañadores. 

Un dos alicerces da AECC é concienciar sobre hábitos de prevención, fomentando estilos de vida saudable na poboación. Independentemente da idade na que se comece realizar exercicio físico, obtense un beneficio contra o cancro. Por iso a AECC na Coruña ponse en marcha organizando esta proba deportiva que a refinería apoia desde 2014.

Esta colaboración enmárcase dentro do compromiso que a refinería mantén coa súa contorna máis próxima e todo o recadado destinarase aos programas médicos e de investigación da Asociación.