Saltar al contenido

A refinería consolida consolida a súa posición de liderado en seguridade industrial

  • As empresas reaseguradoras melloran a cualificación do Complexo Industrial outorgándolle a categoría “Good”.
  • Os reaseguradores constatan que a refinería incorpora as mellores prácticas da industria.
  • As melloras na xestión e o investimento continuado en materia de formación e seguridade posibilitaron a obtención desta cualificación.
PDF 67 KB Descargar documento
Panorámica de el complejo industrial en A Coruña de Repsol

A refinería de Repsol na Coruña consolida a súa posición de liderado en seguridade industrial grazas á última cualificación outorgada por parte das empresas reaseguradoras.

Un grupo de traballo integrado por expertos mundiais de catro compañías reaseguradoras realizou o mes pasado a visita periódica de inspección á instalación e aumentou a súa cualificación, outorgándolle a categoría de “Good”, o que sitúa ao complexo industrial no grupo dos líderes do sector.

Esta valoración significa que a refinería coruñesa incorpora as mellores prácticas da industria en xestión da seguridade industrial grazas ás melloras na xestión, nas instalacións e ao investimento continuado en materia de formación e seguridade.

As empresas reaseguradoras son as encargadas de auditar, desde o punto de vista da seguridade industrial, a cualificación do persoal, o sistema de xestión e as instalacións do complexo industrial, e de comparalos coas principais refinerías do mundo.

Os reaseguradores realizan cada tres anos unha visita á refinería, durante a cal o equipo de traballo mantén reunións cos distintos responsables de todas as áreas do complexo industrial, ademais de inspeccionar as instalacións.