Saltar al contenido

A refinería da Coruña é o primeiro centro de Repsol en obter a ISO 45001 de seguridade

  • Esta norma establece os requisitos para axudar ás organizacións para xestionar e mellorar a saúde e o benestar dos seus traballadores, creando condicións laborais mellores e máis seguras.
  • A refinería inviste anualmente cinco millóns de euros en mellorar a seguridade das súas instalacións.
Nota de Prensa
PDF 56 KB Descargar documento
A refinería da Coruña convértese no primeiro centro do grupo Repsol, con presenza en máis de 40 países, en obter a certificación para o seu sistema de xestión de seguridade conforme á norma ISO 45001, tras a auditoría realizada pola empresa Aenor hai un mes.
A norma ISO 45001 de Sistemas de Xestión da Seguridade e Saúde no Traballo, recoñecida internacionalmente e que substituíu no pasado mes de abril ao estándar OHSAS 18001, establece os requisitos para axudar ás organizacións para xestionar e mellorar a saúde e o benestar dos seus traballadores, anticipándose aos riscos e accidentes e creando condicións laborais mellores e máis seguras.
Coa incorporación desta nova certificación ao sistema de xestión de seguridade, o Complexo Industrial demostra un compromiso absoluto coa seguridade promovendo a súa mellora continua, en consonancia coa política de SMA do grupo Repsol.
Este sistema de xestión con medidas moi estritas, regula os diferentes procesos e actividades de control que levan a cabo, combinando as disciplinas de seguridade laboral, seguridade industrial, actuación en caso de emerxencia e vixilancia patrimonial.
A refinería inviste anualmente cinco millóns de euros en mellorar a seguridade das súas instalacións e conta coa profesionalidade dos seus empregados cun traballo centrado na prevención, planificación das medidas e cumprimento da normativa.
Os máis de 600 traballadores do persoal da Refinería na Coruña integran a seguridade nas súas actividades, levando a cabo unhas 10.000 actuacións de control en materia de seguridade: visitas de liderado, observacións preventivas, auditorías de permisos de traballo, inspección de instalacións. Así mesmo reciben anualmente preto de 20.000 horas de formación en seguridade. Isto significa que de 50.000 horas empregadas en formación cada ano, un 40% está asignada a seguridade.
Todo o persoal do complexo recibe formación teórico-práctica en actuacións en caso de emerxencia, acompañada dun amplo calendario de adestramentos con máis de 30 simulacros e prácticas de emerxencia.
A seguridade e a formación tamén se esixe a todas as empresas auxiliares. Esta esixencia é aínda máis estrita nas paradas de mantemento, nas que os empregados contratistas teñen que pasar unha formación propia do complexo para poder realizar os traballos e acceder á área de parada.