Saltar al contenido

A Refinería homenaxea aos seus xubilados de 2017

En total foron 32 os traballadores aos que se recoñeceu a súa traxectoria profesional e compromiso coa compañía durante máis de 30 anos.
PDF 249 KB Descargar documento
Equipo directivo del Complejo Industrial de A Coruña de Repsol junto a los jubilados homenajeados
A Refinería de Repsol na Coruña celebrou este martes na Fundación Paideia un acto homenaxe aos empregados que finalizaron a súa traxectoria laboral ao longo do ano 2017. 
En total foron 32 os traballadores homenaxeados pola súa traxectoria profesional e compromiso coa compañía durante máis de 30 anos. Todos e cada un deles contribuíron co seu labor a que a Refinería funcione todos os días do ano con seguridade, respecto ao medio ambiente e calidade, a través do compañeirismo.
Acompañados do equipo directivo do Complexo Industrial, foron recoñecidos un a un polo seu esforzo e anos de dedicación, e é que detrás das grandes cifras de produción e a magnitude das instalacións está o factor máis importante para Repsol: as persoas.