Saltar al contenido

Repsol adxudica a Sacyr a obra mariña do Porto Exterior

  • A licitación realizouse mediante unha poxa electrónica, dada a paridade das ofertas presentadas.
  • O contrato foi adxudicado por 25,4 millóns de euros e os traballos de construción iniciaranse no último trimestre do ano.
  • A obra mariña requirirá da enxeñería de detalle e a construción do pantalán para a descarga de cru, que contará con atracada para buques petroleiros ata 200.000 toneladas de peso morto (TPM).
  • O proxecto de traslado ao Porto Exterior supoñerá un investimento total por parte de Repsol de 126 millóns de euros, que inclúe esta obra mariña, a construción do poliducto e as súas instalacións auxiliares, e algunhas modificacións na refinería.
PDF 66 KB Descargar documento
Vista del puerto exterior de Punta Langosteira

Repsol adxudicou a Sacyr Construción o contrato da obra civil mariña para a descarga de cru no Porto exterior de Punta Langosteira por un importe de 25,4 millóns de euros.

O procedemento de licitación convocou a seis empresas e, dado que todas as ofertas presentadas estaban moi parellas, a adxudicación levouse a cabo mediante unha poxa electrónica, na cal resultou elixida a proposta de Sacyr. A adxudicación foi aprobada polo Comité Executivo Corporativo de Repsol e, posteriormente, polo seu Consello de Administración.

O proxecto requirirá da enxeñería de detalle e a construción do pantalán de descarga de cru, que contará cunha capacidade de atracada para buques petroleiros ata 200.000 TPM.

As actividades darán comezo inmediatamente co desenvolvemento da enxeñería de detalle, previa aos traballos de construción da obra mariña en Langosteira, que se iniciarán previsiblemente durante o último trimestre do ano.

Esta fase ten unha duración prevista de 16 meses. Dita construción levará a cabo mediante caixóns prefabricados de formigón armado, que se situarán sobre un leito de dique. Construiranse un total de 20 caixóns, de 5 tipos distintos. Trátase de estruturas equivalentes a edificios de 10 alturas, cunha superficie en planta que irá desde os 300 ata os 750 m².

Este fito supón un novo avance no proceso de traslado do cru ao Porto Exterior e súmase ás tramitacións de licenzas e ao expediente expropiatorio do poliducto e as súas instalacións auxiliares.

Na fase de expropiación, Repsol xa expresou a súa intención de chegar a un acordo cos propietarios das leiras polas que discorre o trazado do poliducto.

O proxecto de traslado ao Porto Exterior supoñerá un investimento total de 126 millóns de euros, que inclúe, ademais desta obra civil mariña do pantalán adxudicada, de todo o necesario para a descarga de cru (brazos de carga, tubaxes e bombas), así como o requirido en servizos contraincendios e de seguridade no propio pantalán. Todo iso completarase coa construción do poliducto e as súas instalacións auxiliares, así como modificacións na refinería.