Saltar al contenido

Repsol celebra o Día do Medio Ambiente cos alumnos do IES A Pastoriza

  • A xornada comezou coa entrega de premios aos mozos participantes no  concurso de limpeza e reciclaxe nas aulas
  • A continuación, os alumnos realizaron a plantación dunha árbore no xardín do centro educativo
  • Esta colaboración atópase dentro do compromiso da refinería coa súa contorna máis próxima
PDF 61 KB Descargar documento
Alumnos del IES Pastoriza durante la actividad por el Día del Medio Ambiente organizada por Repsol

A refinería de Repsol na Coruña celebrou o Día Mundial do Medio Ambiente xunto aos alumnos do IES A Pastoriza dentro das accións recollidas no plan de limpeza que ambas as entidades promoven desde o curso 2015-2016 entre os alumnos do centro arteixan.

A xornada comezou coa entrega de premios aos mozos participantes no concurso de limpeza e reciclaxe nas aulas, que este ano contou con 90 participantes que se encargaron durante todo o curso de preservar un centro educativo limpo e puideron desenvolver a súa creatividade, traballo en equipo e o respecto ao medio ambiente.

O director da refinería, Javier Sancho, a subdirectora de Persoas e Organización do complexo industrial, Dácil Suárez, e o director do IES A Pastoriza, Javier Cal, foron os encargados de entregar os premios que nesta edición recaeron sobre: 2º E. S.O. B, pola aula máis limpa, 3º E. S.O. A, pola aula en mellor estado de conservación, e 3º E. S.O. B, pola aula máis ordenada.

A continuación, para clausurar a xornada os alumnos realizaron a plantación dunha árbore no xardín do centro educativo. Trátase dun castiñeiro que se suma aos dous liquidambar americanos plantados en anos anteriores.

Plan de limpeza 2017-2018

O plan de limpeza do IES A Pastoriza ten como obxecto concienciar ao alumnado da importancia e necesidade de ter unha contorna limpa, sensibilizar á comunidade educativa da cantidade de residuos que se xeran nun centro, tomar conciencia de que os residuos poden ser reutilizados a través de novos hábitos de consumo e de impacto ambiental e potenciar a idea de que pequenas accións provocan grandes cambios.

Este plan desenvólvese todos os anos en dous ámbitos: as patrullas de limpeza formadas por alumnos voluntarios encargados de fomentar e comunicar durante os recreos condutas correctas de limpeza nas instalacións, e o concurso de limpeza e reciclaxe nas aulas no que os alumnos do centro responsabilizáronse do estado de conservación das clases e do desenvolvemento de propostas de melloras.

A colaboración que a refinería de Repsol mantén co IES A Pastoriza atópase dentro do compromiso coa súa contorna máis próxima.