Saltar al contenido

Repsol colabora con Padre Rubinos para equipar aos participantes do Festival Intercentros

  • A Refinería da Coruña destina 3.000 euros para esta colaboración, enmarcada dentro do centenario de Padre Rubinos.
  • A subdirectora de Persoas e Organización do Complexo Industrial, Dácil Suárez, foi a encargada de entregar as camisetas á organización.
  • O Festival Intercentros celébrase desde hai 16 anos na cidade e congrega a máis de mil estudantes que demostran o seu talento artístico por unha boa causa.
PDF 111 KB Descargar documento
La subdirectora de Personas y Organización del Complejo Industrial, Dácil Suárez, entrega camisetas a la organización

A Refinería de Repsol na Coruña colabora coa Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos para equipar aos máis de 1.000 alumnos coruñeses que participaran o vindeiro venres no Festival Intercentros. Para esta colaboración, enmarcada dentro do centenario de Padre Rubinos, Repsol destina 3.000 euros á produción dun total de 1.100 camisetas que lucirán os participantes nas súas actuacións.

Esta mañá, a subdirectora de Persoas e Organización da Refinería de Repsol na Coruña, Dácil Suárez, foi a encargada de entregar o equipamento aos membros de Xunta Directiva do Festival, Andrés Lacián e Sol Álvarez. O acto de entrega tamén contou coa presenza da secretaria de Padre Rubinos, Mar García, e representantes da Cociña Económica, xa que o Festival Intercentros, destina este ano a súa recadación a ambas as entidades benéficas.

Durante a entrega, Dácil Suárez destacou a satisfacción de Repsol por realizar esta colaboración: “Para nós é unha honra e un pracer poder colaborar, en primeiro lugar, cunha entidade benéfica tan sumamente solvente e ben considerada como é Padre Rubinos, pero aínda o é máis facelo a través dun festival como o Intercentros, que se apoia no enorme talento e solidariedade dos nosos novos estudantes. O feito de que esta colaboración reverta tamén noutra gran institución benéfica como é a Cociña Económica non fai senón engadir máis valor a este pequeno granito de area”.

Festival Intercentros

O Festival Intercentros celébrase desde hai 16 anos na cidade e congrega a máis de mil estudantes que demostran o seu talento artístico por unha boa causa. Este ano a celebración terá lugar o venres, 16 de marzo no Coliseum a partir das 17:00 horas, e a integridade das entradas recadadas irá destinada ás entidades benéficas Padre Rubinos e Cociña Económica.