Saltar al contenido

Repsol e a súa Fundación destinan máis de 15.000 euros a proxectos sociais na Coruña

Nove foron os proxectos seleccionados na convocatoria de axudas do Complexo Industrial e Fundación Repsol. Esta mañá membros das entidades elixidas han dado a coñecer as características e obxectivos dos seus proxectos a representantes da empresa
PDF 209 KB Descargar documento
Repsol y su Fundación destinan más de 15.000 euros a proyectos sociales en A Coruña

O Complexo Industrial de Repsol na Coruña e Fundación Repsol destinan máis de 15.000 euros a nove proxectos sociais que as entidades seleccionadas van desenvolver na Coruña durante este ano.

Estas iniciativas están dirixidas a apoiar a persoas con discapacidade e/ou colectivos en situación de vulnerabilidade na contorna de actuación da Refinería.

As entidades beneficiarias que van recibir o apoio económico son:

  • ADACECO (Asociación de Dano Cerebral da Coruña): apoiarase o Proxecto Boccia que trata de introducir este deporte paralímpico entre persoas con Dano Cerebral Adquirido. A boccia é un xogo de precisión e estratexia, similar á petanca, que ofrece a persoas con grandes discapacidades a posibilidade de achegarse á práctica deportiva, non só como goce do lecer e tempo libre, senón tamén a nivel competitivo.
  • AECC (Asociación Española contra o Cancro): EnRede é o proxecto promovido pola entidade que se beneficiará do programa de axudas. Trátase dunha rede asistencial para pacientes oncolóxicos que conta con pilates, tratamento da fatiga crónica, natación e rede de coidado.
  • ASPANAES (Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista da Coruña): a asociación investirá a axuda no programa Falando entendémonos os dous, unha iniciativa pioneira en Galicia, por ser a primeira experiencia en implementar o programa Hanen (insignia aos pais para comunicarse mellor cos seus nenos), no colectivo de persoas con Trastorno do Espectro Autista ( TEA), sendo un referente para as demais entidades do sector.
  • Asociación Parkinson Galicia-Coruña: A Asociación vai levar a cabo a Hidroterapia, unha actividade que busca aumentar a capacidade respiratoria, corrixir e mellorar a postura, o equilibrio, mellorar a fluidez e coordinación de movementos, mellorar a marcha, capacitar, ao paciente para unha maior autonomía nas actividades da vida diaria, diminuír o impacto emocional da enfermidade e contribuír á súa socialización.
  • AVAN (Asociación de Voluntarios de Axuda a Necesitados): o proxecto que se beneficiará denomínase Paraugas, xa que resgarda da choiva dando acubillo ás persoas máis desfavorecidas da nosa contorna. Cun vehículo preparado para isto, a entidade realizará rutas nocturnas polas rúas en busca daquelas persoas que non teñen teito para durmir. Cando se atopen, ofréceselles a posibilidade de levalos a un albergue ou refuxio. Rehúsanse, entrégaselles unha manta ou saco de durmir e algo para cear, e á mañá seguinte recólleselles a manta e darlle algo de almorzar. Igualmente prestarase servizo de primeiros auxilios se fose o caso.
  • Ecos do Sur: para axudar a esta ONG e ao seu labor polo benestar das persoas inmigrantes e refuxiadas entregouse a doazón ao seu proxecto HARVEST, que aborda a situación das persoas inmigrantes en exclusión severa situándonos no punto xusto no que elas se atopan, que é un paso previo á estabilidade e a disposición necesarias para entrar ao mercado laboral.
  • Fundación Escoita: a doazón será destinada ao Servizo de Atención Logopédica á Diversidade Auditiva 2018 cuxo obxectivo é rehabilitar o fala, a voz e a linguaxe en galego e/ou castelán en nenas e nenos ou persoas diagnosticadas en idade adulta, que adquiriron a lingua oral antes da perda auditiva.
  • Fundación Secretariado Xitano: esta asociación vai realizar un proxecto de orientación educativa denominado Promociona, que quere conseguir que cada vez máis novos xitanos terminen con éxito a Educación Secundaria Obrigatoria (E. S.O) e continúen estudando.
  • Terra de Homes: o proxecto “Viaxe cara á Vida” será o beneficiario da doazón. Esta iniciativa é un compromiso solidario coa vida e o futuro da infancia máis vulnerable que consegue operar a nenos en España grazas ao compromiso constante do persoal médico, voluntarios, hospitais, familias de acollida, empresas e institucións.
Este apoio a proxectos sociais enmárcase dentro do compromiso socialmente responsable de Fundación Repsol e a Refinería coa súa contorna, reforzando os obxectivos de Fundación Repsol para contribuír ao benestar da sociedade, mellorar a calidade de vida das persoas e lograr un maior desenvolvemento social, educativo, ambiental e cultural, especialmente nas zonas onde a compañía está presente.